Deputación de Lugo

A Deputación ofrece ós gandeiros un curso gratuíto de adestramento de cans Border Collie para o pastoreo

Imaxe deputación de lugo
José Fernández presentou hoxe a xornada que se desenvolverá o sábado en Santalla de Rioveso, en Cospeito, para dar conta dunha técnica que facilita o traballo destes profesionaisGran parte dos gandeiros de Navarra, País Vasco, Cataluña e dos Pirineos franceses pastorean con esta raza porque, deste xeito, unha soa persoa pode desprazar un rabaño de 700 cabeza. Na provincia, só o 25% dos profesionais teñen Border Collie preparados para o pastoreoO recoñecido adestrador Alejandro Ibarre Artus impartirá esta xornada, con prazas limitadas a 10 e a disposición dos interesados no 660-54-15-34 ou en victordagrelo@hotmail.com

O Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández, presentou este xoves en Santalla de Rioaveso, en Cospeito, o curso “Adestramento de cans Border Collie de pastoreo”, que a institución provincial desenvolverá este sábado en dita localidade chairega. José Fernández, que estivo acompañado do organizador desta xornada, Víctor Piñeiro, explicou que o organismo lugués ofrece ós gandeiros da provincia esta iniciativa co fin de darlles conta dunha técnica que facilite o seu traballo.

O pastoreo con Border Collie é unha técnica moi empregada, principalmente, por gandeiros de Navarra, País Vasco e Cataluña, así como na zona francesa dos Pirineos porque posibilita que unha soa persoa poida desprazar un rabaño de ata 700 cabezas. En Lugo, só o 25% dos profesionais teñen cans preparados para o pastoreo malia que hai máis de dúas décadas moitas explotacións teñen Border Collie, a raza mellor valorada en Europa para pastorear.

O curso, que é totalmente práctico, será impartido por Alejandro Ibarra Artus, un recoñecido adestrador e criador de Border Collie, procedente de Navarra. Este profesional amosará ós participantes cales son as pautas para iniciar no pastoreo a un can de entre 5 e 10 meses, así como as de perfeccionamento.

Durante a xornada, que se prolongará durante todo o día, concretamente, dende ás 09:30 horas e ata ás 13:30 horas pola mañá, e dende ás 15:00 horas e ata ás 19:00 horas pola tarde, tamén se proxectarán, xa pola noite, vídeos nos que se amosarán as técnicas que empregan diferentes profesionais para pastorear con estes cans en función do territorio ou do animal.

As prazas deste curso son limitadas a 10. Todos os interesados poden formular a súa solicitude, chamando ó 660-54-15-34, ou ben enviando un correo electrónico a victordagrelo@hotmail.com.