Deputación de Lugo

Mulleres do Rural coñecen na Fonsagrada as vantaxes das novas tecnoloxías coa formación gratuíta do In Lugo

Unha decena de persoas do colectivo “A Nosa Terra” participan no curso Iniciación á Informática que, en resposta ás demandas rexistradas, a Deputación levou a este municipioA programación de accións formativas a custe cero está en www.deputacionlugo.org, onde os interesados poden formular a súa solicitude. Máis información no 982-22-51-86

Un colectivo da Asociación de Mulleres do Rural “A Nosa Terra” coñecen as vantaxes das novas tecnoloxías co curso gratuíto que o In Lugo da Deputación, levou á Fonsagrada. É a acción formativa Iniciación á Informática, na que participan unha decena de persoas logo de solicitala ó 1º Centro de Innovación Social en Galicia, que puxo en marcha a institución luguesa para, precisamente, potenciar a igualdade de oportunidades e a calidade de vida no rural lugués, dando conta de servizos tecnolóxicos.

Por este mesmo motivo, o organismo provincial organizou ata final de ano unha programación itinerante de 55 cursos a custe cero, que se teñen lugar en diferentes Concellos lugueses sempre en base ás peticións dos veciños. Deste xeito, xunto ó mencionado, á Fonsagrada tamén se levaron outros 2: Fácil e Sinxelo, ordea as túas imaxes, música, libros...crea a túa base de datos particular; ¿Emprego? na web encontraralo.

Os restantes municipios onde se desenvolverán accións formativas sobre novas tecnoloxías en resposta ás peticións veciñais son: O Incio, Palas de Rei, Viveiro, A Pobra do Brollón, Foz, Láncara, Mondoñedo, Guitiriz, A Pastoriza, Monforte de Lemos, Becerreá, A Pontenova, Pedrafita do Cebreiro, Burela, Monterroso, Vilalba e Sarria.

Simultaneamente, a capital luguesa está a acoller os cursos: manexa os teus ficheiros no teu ordenador; Ferramentas 2.0 na búsqueda de emprego. 30 persoas participan, sen custe algún, nestas iniciativas que acollen as instalacións do In Lugo.

Prazas libres

A Deputación mantén publicada a programación de cursos gratuítos na páxina web www.deputacionlugo.org onde todos os interesados poden consultala e inscribirse. Para máis información, poden chamar ó teléfono 982-22-51-86 ou ben acudir as instalacións do In Lugo, situadas na rúa Frei Plácido Rei Lemos da cidade luguesa, concretamente, na segunda planta da Escola de Imaxe e Son (EIS). O prazo de solicitude está aberto ata esgotarse as prazas das xornadas formativas, dirixidos a todo tipo de público: mozos e maiores, familias, desempregados, traballadores, emprendedores, empresarios e persoas con discapacidade. Os alumnos recibirán ó finalizar a acción formativa un diploma oficial da Deputación que acredita a súa participación.

A cargo da Fundación TIC

O primeiro centro de innovación social en Galicia, In Lugo, foi creado en marzo de 2011 pola Deputación cun financiamento do 89% do Ministerio de Industria a través do Plan Avanza co fin de promover actuacións e servizos baseados nas novas tecnoloxías encamiñados a mellorar a calidade de vida dos veciños da provincia e dinamizar o tecido económico. Neste 2012 iniciou unha nova andaina, na que, de ser xestionado directamente dende a Deputación, pasou a depender da Fundación TIC co fin de aforrar recursos e crear sinerxias.