Deputación de Lugo

A Deputación cede ó Concello de Chantada case 40.000 m2 do polígono que ampliou con 3 millóns de euros

O Presidente, xunto ó Alcalde, anunciou a cesión ó municipio das novas rúas e accesos a Acivros, así como de tres parcelas con 115.000 m2 para uso comercial e áreas verdesGómez Besteiro destaca que “fronte ós orzamentos de Xunta e Goberno Central, pouco comprometidos con Lugo, en xaneiro remataremos outra pequena obra para reforzar a rede eléctrica no polígono, ó tempo que traeremos novos investimentos a este Concello”A institución provincial habititou nesta área industrial 48 novas parcelas con 80.000 m2 en total, dos que o 30% están reservados logo de abaratar o prezo medio do m2 ata os 33 euros

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, anunciou hoxe que a institución provincial cede a este Concello 36.722 metros cadrados no polígono de Acivros. Trátase dun espazo acondicionado polo organismo lugués coas obras de ampliación desta área industrial, dotadas de 3 millóns de euros, que executou e financiou a Deputación na súa totalidade cun dobre obxectivo: aforrar cartos ó Concello e favorecer o asentamento de novas empresas no municipio, contribuíndo deste xeito a creación de postos de emprego.

Gómez Besteiro destacou que “cumprindo co meu compromiso, a principal actuación empresarial da Deputación en Chantada foi a ampliación deste polígono para o que temos unha previsión de ocupación moi boa. Fronte ós orzamentos de Xunta e Goberno Central, que son pouco comprometido con Lugo e Ourense, remataremos en xaneiro outra pequena obra neste polígono, que consisitirá na mellora da rede eléctrica co fin de reforzala, e nas vindeiras semanas traeire novos investimentos ó Concello”. O titular provincial destacou outros traballos, “que amosan o meu compromiso con Chantada”, como as obras do canon hidroeléctrico con 5 millóns de euros ou a posta en marcha do parque de bombeiros.

A institución luguesa entregou ó municipio as vías de acceso a Acivros dende a rotonda, as novas rúas do polígono e 3 parcelas de case 15.000 metros cadrados. Concretamente, unha conta con 2.457 metros cadrados que terán uso comecial e outras dúas con 12.400 metros cadrados para áreas verdes.

O 30% dos terreos reservado

O espazo cedido ó Concello chantadino forma parte dos 118.000 metros cadrados que en total urbanizou a Deputación na zona mediante os traballos de acondicionando de novos accesos e vías, ademais dos de dotación de luz e agua, cos que a institución provincial ampliou Acivros ó dotar a esta área industrial de 48 novas parcelas industriais. Estas contan cunha superfice de 80.000 metros cadrados, dos cales o 30%, é dicir, uns 21.000 metros cadrados, están reservados por varias entidades, que amosaron o seu interese por asentarse no polígono chantadino. Co fin de favorecer o mesmo, o organismo provincial abaratou o prezo medio do metro cadrado ata os 33 euros tras investir outros 300.000 euros, que acadou co plan Reindus do Minsiterio de Industria, ó polígono chantadino, precisamente, para este fin.