Deputación de Lugo

A Deputación executa o plan de mellora do Río Rato con persoal propio e fondos europeos, aforrando cartos

A Xunta de Goberno aprobou a encomenda de xestión á SUPLUSA destas actuacións, financiadas con 150.000 euros do convenio con Medio Ambiente e que técnicos provinciais executarán “de xeito inmediato” en máis de 4 quilómetros do contorno do Rato, así como na Laguna do Caque65 mozos lucenses en paro comezarán traballar a finais deste mes e comezos de febreiro en empresas europeas, sendo a seguinte a súa distribución: 9 en Lisboa, 18 en Belfast, 10 en Cork, 8 en Florencia, 4 en Módena, 5 en Praga, 8 en Viena e 3 en HamburgoMartínez subliña que “mentres a Deputación de Lugo impulsa en pouco máis dun ano un total de 200 bolsas de emprego para mozos lucenses, a Xunta ofrece 255 para toda Galicia, cando o 50% dos rapaces galegos están no paro. “E isto suficiente para un Feijóo resignado?”O voceiro socialista destaca que “Lugo conta hoxe cun 40% máis de parados que no 2009 mentres todos os sectores vaticinan que Galicia batirá o récord do desemprego no 1º trimestre do ano. ¿Non son 300.000 parados suficientes para dimitir?”

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou hoxe que a Xunta de Goberno aprobou a encomenda de xestión á Sociedade Urbanística Provincial –SUPLUSA- para a execución “de xeito inmediato” do plan de mellora do Río Rato. Manuel Martínez explicou que “optimizamos os nosos recursos co fin de aforrar custes. Por este motivo, os técnicos provinciais levarán a cabo todos os traballos que inclúe esta iniciativa, que ademais financiamos con fondos europeos, que recibimos mediante o convenio asinado co Ministerio de Medio Ambiente, dotado de 1 millón de euros, para a xestión e conservación das Reservas da Biosfera. Concretamente, adicamos a estas actuacións 150.000 euros”.

Estas melloras realizaranse en máis de 4 quilómetros do contorno do Rato, incluíndo as zonas da Fervedoira, Chanca ou a ponte da estrada da Fonsagrada, e prolongaranse durante os vindeiros dous meses. Ademais, SUPLUSA tamén asumirá as labores de conservación da Laguna do Caque, situada detrás do Hospital San Rafael, no Concello de Castro de Rei. Todos estes traballos consistirán en: labores de roza, substitución de indicadores da ruta, eliminación de pintadas, reparación das deficiencias do alumeado público, mellora do firme na senda peonil en todo o percorrido, repoñendo e compactando a arena nos treitos que sexa necesario, retirada de polas secas, tala de árbores mortos ou enfermos, repoboación de exemplares, acondicionamento dos muros do Rato e Fervedoira, retirada de terra e pedras caídas nas canles ou substitución da madeira danada en pontes e valados.

Bolsas de emprego en Europa

A Xunta de Goberno aprobou os derradeiros trámites para que os 65 mozos lucenses actualmente en paro que resultaron beneficiados das bolsas de emprego en Europa que a custe cero lles ofrece a Deputación comezen a traballar en prestixiosas empresas europeas a finais de xaneiro ou comezos de febreiro, durante 3 meses. A sesión acordou a súa distribución nos países de destino, quedando deste xeito: 9 rapaces traballarán en Lisboa, 18 en Belfast, 10 en Cork, 8 en Florencia, 4 en Módena, 5 en Praga, 8 en Viena e 3 en Hamburgo. Son lugueses menores de 35 anos, universitarios ou titulados en FP nas seguintes profesións: agricultura, sivicultura, pesca, medioambiente, turismo, informática, ciencias da vida e audiovisuais. A Deputación asumirá, prácticamente, todos os custes destas becas, por exemplo, aloxamento, manutención ou desprazamentos, con fondos europeos. E é que esta iniciativa está dotada de 309.000 euros, cofinanciados nun 70% pola Unión Europea, é dicir, 210.000 euros son fondos comunitarios, mentres que a cantidade restantes achegaa a institución provincial.

Deputación, 200 becas para Lugo. Xunta, 255 para toda Galicia

Martínez anunciou que no 2013 a Deputación porá en marcha outras 70 bolsas de emprego en Europa porque xa lle foi aprobado un novo programa de becas Leonardo da Vinci por valor de 230.000 euros, dos que 153.000 euros son fondos comunitarios. Isto supón que, en pouco máis dun ano, o organismo impulsa un total 200 becas para mozos da provincia desempregados co fin de combater o paro xuvenil. Neste senso, o voceiro subliñou que “as políticas de actuación deste Goberno Provincial distan moito das da Xunta, administración con competencias directas no eido laboral que, tendo un Orzamento 100 veces superior ó da Deputación luguesa, ofrece, tal e como anunciou a Conselleira de Traballo estes días no Parlamento, tan só 255 bolsas de emprego no 2013 para toda Galicia. ¿Parécelle isto suficiente a un Feijóo resignado, cando o 50% dos mozos galegos están no paro?”.

“¿Non son 300.000 parados suficientes para dimitir?”

Martínez lembrou que, malia esta situación, a Xunta voltou a recortar nun 40% os fondos para a promoción de emprego no seu Presuposto para este ano, con 136 millóns de euros menos, sumando xa unha rebaixa de 400 millóns de euros dende 2009, “dende que Feijóo está no Goberno galego”, remarcou. O Deputado indicou que o resultado das políticas do “austérico Feijóo” é visible na listaxe do paro, que a enchen 279.000 galegos, dos que 28.000 son lugueses. Tendo en conta estes datos, Martínez resumiu: “é dicir, mentres no 2009 Feijóo acusaba a Touriño de ser un fracasado porque Galicia contaba con 211.000 galegos, dos que 17.000 eran lucenses, hoxe, o dirixente do Partido Popular, que aseguraba ter a fórmula para rematar co desemprego en 100 días, conseguiu que a taxa do paro se incrementase en Galicia nun 32% e que Lugo conte cun 40% máis de parados. É máis, todos os sectores, por exemplo, o empresarial, xa aseguran que no primeiro trimestre do ano a Comunidade contará con 300.000 desempregados, batindo o récord do paro. Feijóo, o que se proclama a nivel estatal como o bo xestor, é en realidade o Destructor do Emprego. ¿Non son os 300.000 parados suficientes para dimitir?”.