Deputación de Lugo

Despexadas todas as estradas provincias co Plan de Emerxencia da Deputación pola neve

102 operarios e 54 vehículos traballaron durante toda a noite, permitindo que a esta hora se circule con total normalidade nos máis de 4.000 quilómetros da rede viaria provincialEste dispositivo, que actuou en vías de Pedrafita, Quiroga, Samos, As Nogais, Cervantes, Courel e A Fonsagrada, continuará activo na fin de semana, atendendo as alertas dende os municipios e prestando servizo en toda a provinciaA institución conta con 12 silos distribuídos pola provincia con 350 toneladas de sal

O Plan de Emerxencia da Deputación activado onte con motivo da alerta amarela por neve tivo como resultado que, dende primeira hora da mañá, se poida circular con normalidade por toda a rede viaria provincial, a máis extensa de España con máis de 4.000 quilómetros.

Para elo, 102 operarios e 54 vehículos, despregados nas 8 zonas que dividen a rede viaria provincial, traballaron durante a noite, prestando servizo en todos os Concellos lugueses segundo as necesidades. Tendo en conta que a Montaña foi a máis afectada, esta zona contou con 32 traballadores e 16 máquinas.

Finalmente, o dispositivo do organismo lugués actuou nas seguintes vías: en Pedrafita, nas CPs 1301, 3701, 4501, 4503, 4504 e 4505; en Quiroga, na CP 5001; en Samos, na CP 5603; nas Nogais, na 4503; no Courel, nas CPs 1303 e 4501; así como en varios puntos da Fonsagrada e Cervantes.

Hoxe este operativo segue en activo, atendendo os avisos dos municipio, traballos que proseguirán durante toda a fin de semana. Teñen a súa disposición, a maiores, 12 saleiros con 360 toneladas de sala -30 toneladas por silo-, situados en Cervantes, Becerreá, O Courel, Ribas do Sil, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Riotorto, O Incio, Ourol, O Valadouro, Pedrafita do Cebreiro e Lugo. Ademais, teñen a súa plena disposición outras 250 toneladas de sal por se fora necesario.