Deputación de Lugo

Fomento paraliza obras da Autovía Lugo-Santiago ata 2015 e provoca danos nos desvíos provinciais de 200.000 euros

É o treito de Palas de Rei a Guntín, que o anterior Goberno Central adxudicou no 2009 co fin de abrilo en decembro de 2014 e para o que agora o Partido Popular non lle consignará partida orzamentaria algunha, polo menos en 2 anos, tal e como comunicou oficialmente O Executivo Estatal pretende manter desvíos por 3 vías provinciais que con motivo das obras agora non teñen visibilidade, nin cunetas, nin barreiras de protección ou sinalizaciónMartínez subliña que “non temos ningún inconveniente en que o tráfico continúe desviado por vías da Deputación sempre que estes sexan seguros”. Por este motivo, a institución luguesa concede a Fomento 15 días para executar as melloras necesarias

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou hoxe que “Fomento vén de comunicar, de xeito oficial e formal, a paralización das obras da Autovía Lugo-Santiago no enlace de Palas de Rei a Guntín ata 2015”. Trátase do treito da A-54 que o anterior Goberno Central ía poñer en marcha en decembro de 2014 tras adxudicalo xa a finais do 2009.

Martínez desvelou que a empresa adxudicataria destas actuacións remitiu un escrito á Deputación de Lugo que apunta, textualmente: “de acuerdo con la comunicación que hemos recibido del Ministerio de Fomento, indicando que la obra no dispone de anualidade para los años 2013 y 2014, con la consecuencia paralización de los trabajos......”

Por este motivo, a contratista solicita ó organismo lugués renovar os permisos necesarios para manter o tráfico desviado por 3 estradas provinciais “hasta la segunda mitad del año 2015 (aunque la paralización de las obras corresponde a 2013 y 2014, son necesarios varios meses para retomar a actividad y ejecutar las citas obras)”. Isto é o que indica o escrito, corroborando que polo menos en 2 anos non haberá avance nas obras deste treito da A-54.

Desvíos por estradas danadas

As vías provinciais polas que Fomento quere manter o tráfico desviados son as CPs 4006, de Palas de Rei a Quintín; 2901, que une Palas con Friol; e 4009, de Ribeira por Vilaseñor a Rampa de Cubelo. Os trazados de varios treitos destas estradas, todos eles no Concello palense, modifícanse coa Autovía Lugo-Santiago. Por este motivo, e xa dende 2010, a institución luguesa puxo a disposición de Fomento estes viais co obxectivo de facilitar a execución das obras da A-54, levando a cabo cortes e desvíos viarios polas mesmas.

“Agora Fomento, non só paraliza estas obras, senón que quere deixar o tráfico desviado por estas estradas, nas que provocou danos de ata 200.000 euros. É dicir, está a poñer en perigo a seguridade dos viandantes”, destacou Martínez. Os informes técnicos avalan que: o firme destes viais están gravemente danados.; non teñen visibilidade nin ancho suficiente porque, por exemplo, hai verquidos de terra nas marxes das estradas; tampouco existen cunetas; hai excavacións de ata 3 metros de profundidade a menos de 1 metro da vía e non así barreiras de protección; carecen de sinalización, ou ben esta é insuficiente...

Por todo isto, a Deputación esixe ó Ministerio de Fomento que repare e asuma os danos. “Non temos ningún inconveniente en que o tráfico continúe desviado por vías da Deputación mentres Fomento non executa as obras da A-54, pero esiximos que os desvíos sexan seguros para os cidadáns”, subliñou Martínez. O organismo provincial xa remitiu esta demanda ó Ministerio de Fomento, dando un prazo de 15 días para levar a cabo estas melloras. “En caso contrario e co fin de preservar a seguridade dos usuarios das vías provinciais, verémonos na obriga de tomar medidas xudiciais”, indicou o voceiro.