Deputación de Lugo

A Deputación emite en directo a través da súa web a presentación do libro Cómo salir de esta

Éxito de público no Salón de Actos da institución para coñecer a nova obra de José Luís Gómez, na que este recoñecido analista político aborda as claves da recuperación económica Gómez Besteiro reivindica a “redefición da relación Estado-Mercado para un desenvolvemento estable e sostible. Ou a política recupera a súa capacidade para encauzar ós mercados ou esta situación que estamos a vivir volverá a reproducirse”

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu ó numeroso público que esta tarde asistiu á presentación de Cómo salir de esta, o novo libro do reputado xornalista José Luis Gómez, no que este aborda a crise pola que atravesa España, e como e cando será posible falar de recuperación económica. A exitosa cita tamén puido seguirse en “streaming”, é dicir, en tempo real, a través da páxina www.deputacionlugo.org grazas á colaboración de técnicos e bolseiros da Fundación TIC, que xa fixeron posible esta mesma semana emitir o Pleno Provincial en directo e de xeito íntegro, por primeira vez na historia do organismo lugués.

Ó acto contou coa participación, ademais da do propio autor da obra, do comentarista económico do xornal El Progreso, Julián Rodríguez, da Directora de Actualia Editorial, Cristina Seco, e do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro.

“A crise actual xa non económica, senón sistémica, ou o que aínda é peor, é unha crise de valores. Esta situación, obríganos a redefinir a relación entre política e mercados. Por iso, quero felicitar a José Luís Gómez porque vai un paso máis alá, lanzando unha pregunta que transcende o presente para xestionar o futuro: Cómo saír desta, ¿chega a reactivación?”. Tras esta reflexión, o Presidente salientou que “a tarefa principal da Política é establecer a mediación entre a herdanza do pasado, as prioridades do presente e os desafíos do futuro. Por iso, o libro do xornalista que xa avanzou a crise no 2007 non só é económico, é político”.

Gómez Besteiro reivindicou “a redefinición da relación entre poder político e poder económico, entre Estado e Mercado. Esta redefinición é fundamental para un desenvolvemento non só estable, senón sostible. Ou a política recupera a súa capacidade para encauzar ós mercados o a situación que estamos a vivir volverá a reproducirse. E deberiamos estar traballando no modelo de sociedade que queremos despois deste tsunami, na reactivación que apunta José Luis Gómez, porque coa austeridade convertida en ideoloxía para saír da crise, só se nos está a conducir cara unha nova fase do capitalismo alixeirado das conquistas sociais, máis desigual e, inevitablemente, máis indiferente”. O titular provincial concluíu apuntando unha frase de Thomas Edison: “Os que aseguran que é imposible non deberían interromper ós que estamos intentádoo”.