Deputación de Lugo

Equigal inicia a súa sexta edición con máis de 150 cabalos e arredor de 60 ganaderías

Hoxe tivo lugar do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a inauguración oficial da sexta edición de Equigal 2013, Salón do Cabalo de Galicia, un evento que xira arredor do mundo do cabalo. A inauguración estivo encabezada por Lara Méndez, Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial de Lugo, quen estivo acompañada por Manuel Chaín, concelleiro de Medio Rural do Concello de Lugo, así coma Luís Corujo, responsable en Lugo da área de gandería da Consellería do Medio Rural, e Ramón Carballo, Subdelegado do Goberno en Lugo, entre outras autoridades.

No acto visitaron os 10.000 metros cadrados adicados ao cabalo no Pazo de Feiras, acompañados por Rubén López, director-xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e por gandeiros representantes das distintas asociación do cabalo que forman parte da organización do Salón.

Equigal 2013, Salón do Cabalo de Galicia, III Memorial Manuel Dopico

O Salón do Cabalo de Galicia – Equigal 2013 celebrase esta fin de semana no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, do 7 ao 9 de xuño de 2013. O Salón acollerá as máis diversas modalidades hípicas nas súas diferentes vertentes así como o emerxente mercado equino de Galicia. En total serán máis sesenta as gandarías equinas participantes e máis de 150 o número de exemplares, entre cabalos e eguas de distintas razas.

En Equigal terá lugar unha ampla gama de actividades e espazos arredor do mundo do cabalo. Os mellores animais das diferentes razas criadas en Galicia daranse cita en en Lugo nun Pazo de Feiras e Congresos que dispón para Equigal de 10.000 m 2

Organización e patrocinadores

Equigal 2012 é un evento organizado pola Fundación Feiras e Exposicións e pola Deputación Provincial de Lugo, tamén principal entidade patrocinadora.
Conta ademáis co apoio do Concello de Lugo e a Fundación Rof Codina.

Do mesmo xeito, colaboran na organización as asociacións: Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA), Asociación Nacional de Criadores de Cabalos Españois (ANCCE), Asociación Galega de Criadores de Pura Raza Española (AGACPRE), o Club Hípico Equigal e a Asociación Deportiva Lucense de Doma.