Deputación de Lugo

O Goberno Provincial esixe ó PP 'desculpas públicas polas súas reiteradas calumnias' sobre obras en Riotorto

Imaxe deputación de lugo
Martínez reclama ó Partido Popular que solicite a documentación oficial sobre a liquidación das obras do Marco de Álvare ás Rodrigas para comprobar a “a súa nova metedura de pata”O PP “empregou borradores técnicos, que collerían de calquera lado, para calumniarnos. Tras gobernar durante 24 anos, debería coñecer o funcionamento desta administración. En caso contrario, estas calumnias serían froito da súa mala fe e non da inexperiencia da súa voceira” A Deputación iniciará nas vindeiras semanas a contratación das obras que restan na CP 5501, garantido o seu remate porque, “a diferencia do PP, temos orzamento e 200 fincas expropiadas”

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, esixiu hoxe ó Partido Popular “desculpas públicas, tanto ó Goberno Provincial como ós veciños da provincia, polas súas reiteradas calumnias” sobre as obras na estrada do Marco de Álvare ás Rodrigas, en Riotorto. Martínez destacou que “é hora de que o fagan logo de desmontar, con documentación oficial desta institución á que o PP ten acceso, as súas mentiras” ó respecto.

O Deputado lembrou que na Xunta de Goberno deste pasado venres deuse conta da liquidación destas actuacións na CP 5501, obtendo un saldo a favor da Deputación de 37.000 euros, que a adxudictaria terá que devolver ó organismo provincial. “O Partido Popular pode solicitar esta documentación oficial porque, a diferencia do que facían eles, este Goberno Provincial si facilita toda a información pública á oposición. Pídana e comproben na súa nova metedura de pata. Non necesitan buscar polas mesas ou papeleiras documentación desta institución”.

E é que o Partido Popular, remarcou Martínez, “empregou borradores técnicos, que collerían de calquera lado, para calumniar a este Goberno Provincial, asegurando que se permitira un desfase nos traballos de Riotorto de 190.000 euros. Fixeron estas graves afirmacións cando nin tan sequera se realizara a liquidación destas actuacións, cando só existían certificacións mensuais e estimatorias que, por lei, se fan de todas as obras. Tras gobernar durante máis de 24 anos, o Partido Popular debería coñecer, perfectamente, o funcionamento desta administración porque, en caso contrario, entendemos que estas calumnias son froito da súa mala fe e non da inexperiencia da súa voceira que, en repetidas ocasións, como por exemplo con Gazeley, fixo mostra dela”.

“Uns facemos obras e outros prométenas”

Martínez salientou que nos vindeiros días a Deputación iniciará o proceso de adxudicación das obras pendentes na vía do Marco de Álvare ás Rodrigas logo de aprobar a resolución do contrato debido ó incumprimento nos prazos de execución por parte da adxudicación que vén de entrar en concurso de acredores. De feito, tamén o pasado venres, a Xunta de Goberno acordou o inicio do proxecto de adxudicación das actuacións que restan por realizar nesta estrada provincial. “Uns facemos obras e outros prométenas. A diferencia do que fixo o Partido Popular, que mentiu ós veciños asegurándolles que ían a mellorar este vial cando non tiñan cartos nin terreos e incluíndo estes traballos no famoso plan dos 50 millóns, este Goberno Provincial garante a súa execución porque temos o orzamento necesario e case 200 fincas expropiadas”. Isto permitirá, remarcou o Deputado, “finalizar uns traballos moi demandados, que se paralizaron de xeito temporal por motivos alleas ó organismo provincial, polo problemas económicos da adxudicataria”.