Deputación de Lugo

A Deputación porá fin a máis dunha década de cortes no subministro de auga a 150 veciños de Meira, aforrando 180.000 euros ó Concello

O Presidente supervisou as obras de mellora na traída de auga en Vilar de Mouros, parroquia con ducias de explotacións gandeiras que suman máis de 800 cabezasGómez Besteiro reivindicou “o dereito a vivir no campo, mellorando as prestacións necesarias ós cidadáns, e combatendo, deste xeito, o despoboamento do rural”A institución rematou a 1ª fase destes traballos, aproveitando a auga da fonte de Salgueiro Vello e levándoa a un novo depósito con capacidade para 200.000 litros mediante a instalación de 1.100 metros de tubaxes

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, supervisou este martes as obras de mellora no sistema de traída de auga que executa o organismo provincial na parroquia de Vilar de Mouros, en Meira, con 180.000 euros que a institución luguesa financia na súa totalidade, aforrando este investimento ó Concello.

Gómez Besteiro explicou que se tratan duns traballos moi demandados polos veciños desta localidade, xa que levan máis dunha década sufrindo continuos cortes no sistema, chegando a quedar sen auga durante varios días no verán. Ante esta situación, o anterior Alcalde deste municipio, Antonio de Dios, comprometeuse cunha solución, á que deu resposta a Deputación, ante a súa necesidade.

O titular provincial subliñou que “garantir servizos básicos de calidade ós nosos veciños, vivan onde vivan, ten que ser a prioridade de calquera administración. É preciso reivindicar o dereito a vivir no campo, mellorando as prestacións necesarias para elo ós cidadáns, e combatendo, deste xeito, o despoboamento demográfico que padece o noso rural. En Vilar de Mouros hai máis dun cento de veciños que, na súa maioría, se adican ó sector gandeiro. Isto fai imprescindible, aínda máis se cabe, dotar ós cidadáns dun sistema de traída de agua en perfectas condicións, para que poidan desenvolver o seu traballo”.

Concretamente, Vilar de Mouros conta con 150 veciños e ducias de explotacións gandeiras, que suman unhas 800 cabezas de gando.

Nova instalación

Para por fin ós cortes no suministro de auga, a Deputación está a realizar unha nova e completa instalación. A institución aproveitou a fonte de Salgueiro Vello para levar a agua, mediante 1.100 metros de novas tubaxes, a un tamén novo depósito con capacidade para 200.000 litros. O organismo provincial rematou con esta primeira fase das obras, dotada de 80.000 euros, e continúa agora coa súa execución con outros 100.000 euros. Os traballos que se realizarán a continuación serán para levar a auga dende o depósito ata os domicilios de 150 veciños con novas tubaxes.