Deputación de Lugo

Os produtos de panadería, protagonistas da masterclass de cociña autóctona da Deputación

O obradoiro, ó que asistíu o Deputado de Economía Rural e do Mar, se celebrou na panadería Os Ancares, de San Román de Cervantes A mestra panadeira María Jesusa Núñez foi a encargada de ensinarlles aos asistentes tódolos segredos da repostería e panadería típica da zona A vindeira masterclass se celebrará en Monforte de Lemos o día 17 de xullo e estará dedicada aos produtos da Ribeira Sacra

A Deputación de Lugo celebrou, a través da iniciativa Lug02 unha nova masterclass de cociña autóctona. Nesta ocasión a cita tivo lugar na panadería Os Ancares, en San Román de Cervantes. A mestra panadeira, María Jesusa Núñez, foi a encargada de desvelar ós participantes as técnicas aprendidas por ela nos seus vinte anos de experiencia. No intensivo obradoiro de 4 horas de duración, os asistentes aprenderon como facer bolos de mestura, empanada do país, bolos preñados de chourizo picante e keike de froitos secos, entre outros.

O Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández, participou nesta iniciativa e mesmo tivo ocasión de probar algúns dos produtos elaborados polos participantes no obradoiro. A Deputación, pretende coa celebración destas masterclass, fomentar entre o sector hostaleiro e os veciños en xeral o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos. O organismo considera a gastronomía un importante atractivo turístico que pode axudar a impulsar o sector agroalimentario e do lecer.

O proxecto forma parte da decidida aposta da Deputación pola economía medioambiental como oportunidade de futuro para a provincia de Lugo, capaz de xerar riqueza, en función dos produtos de tempada. Nestas clases se empregan produtos autóctonos como hortalizas, legumes, derivados da matanza, caza e pesca, entre outros. A Deputación pretende así fomentar o uso dos produtos que posúen a marca de calidade LugoSabe, creada polo organismo e os ofertados a través da plataforma www.losproductosdelugo.com, tamén impulsada pola Deputación co fin de crear unha imaxe de marca e abrir novas canles de comercialización para PEMES e autónomos lucenses.

Próxima cita en Monforte de Lemos

O programa está financiado nun 80% por fondos europeos a través do plan Lug02. As masterclass están dirixidas principalmente a profesionais hostaleiros e estudantes do ramo, aínda que tamén poden participar veciños en xeral. A próxina cita se celebrará no restaurante Don Manuel Bistró en Monforte de Lemos o 17 de xullo. Nesta ocasión a masterclass estará dedicada ós produtos da Ribeira Sacra.

As prazas son limitadas e as clases son en grupos reducidos favorecer a aprendizaxe, así que os interesados deben apuntarse no teléfono 982-22-13-47 ou en lugo2@deputacionlugo.org