Deputación de Lugo

A Deputación investe 54.000 euros no acondicionamento da área recreativa de os Robles

As obras consistiron na canalización da auga, reparación das piscinas e baleirado do pozo negroAs intervencións da Deputación teñen por obxectivo a mellora de servizos e o aforro de custes de mantementoAs obras remataron a tempo para ter o espazo perfectamente acondicionado para a época estival

A Deputación ven de rematar obras de acondicionamento na Área Recreativa de Os Robles, en Saamasas. Trátase de tres intervencións que contaron cun orzamento de algo máis de 54.000 euros.
A intervención de maior contía foi a canalización da auga para conectar o edificio da cafetería e máis o clube de piragüismo á rede da traída. Instaláronse 615 metros lineias de tuberías que permiten mellorar considerablemente o servizo de auga nestas instalación. Estas actuacións contaron cun orzamento de 27.183 euros.
Por outra banda tamén se realizaron tarefas de reparacióne acondicionamento nas piscinas. Reparáronse fugas, instaláronse contadores de auga e auga reciclada e depósitos de cloro. Deste xeito as piscinas se adaptan a normativa técnico sanitaria do seu mantemento. Investíronse nesta actuación 17.177 euros.
Dentro deste grupo de actuacións, a Deputación tamén se fixo cargo do baleirado do pozo negro do edificio, por valor de 10.000 euros.
As labouras de acondicionamento da área recreativa de Os Robles, comezaron hai un mes, rematando a tempo para que os lucenses poidan desfrutar das instalación na época estival, xa que se trata dun espazo moi visitado e empregado polos vecinos que desfrutan destas instalacións durante todo o ano, pero moi especialmente no verán.