Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo traslada esta fin de semana as actividades gratuítas de Lugoteando a Foz e Vilalba

Imaxe deputación de lugo
A Deputación tivo que ampliar o número de prazas ofertadas debido ó éxito da actividadePara apuntarse en actividades como paddle surf, longskates, ou o simulador de surf, só compre entrar na páxina www.deputacionlugo.org e cubrir un pequeno formulario

A Deputación leva a súa proposta de actividades lúdicas do programa Lugoteando ás localidades de Foz e Vilalba, os días 17 e 18 de agosto, respectivamente, co que se poderán practicar multitude de actividades de carácter lúdico e deportivo. A programación inclúe paddle surf, que consiste en desprazarse sobre unha táboa de surf axudándose dun remo; un simulador de surf, co que as persoas poden saber o que se sinte ó cabalgar sobre as olas; calypso boat; skates a motor; longskates, unha variante do skate, cunha táboa algo máis longa do habitual, e bolas acuáticas. A maiores, na localidade de Foz está planeado levar a cabo surf, e kitesurf, se se dan as condicións óptimas para o desenvolvemento destas actividades. A oferta de ocio está deseñada para nenos e familias, e desenvolverase de 15:00 a 20:00 horas na praia da Rapadoira, no caso de Foz, e có mesmo horario na área da Magdalena, en Vilalba.

Oferta de prazas
Debido ó gran éxito das actividades, a Deputación tivo que ampliar o número de prazas a ofertar ó cubrírense a totalidade delas. Aínda se atopan a disposición dos interesados estas últimas prazas, na páxina web www.deputacionlugo.com, ou no teléfono de contacto 982 260 147. Nesta dirección tamén se pode apuntar un para a próxima cita de Lugoteando, que será en Lugo, os días 7 e 8 de setembro. A boa acollida desta iniciativa nos diferentes Concellos onde se desenvolven as actividades leva á Deputación a continuar xerando esta oferta de ocio.

O medio ambiente, xerador de riqueza
A Deputación aposta polos recursos fluviais e litorais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando é unha das actividades que organiza durante todo o ano, potenciado o turismo e o ocio medioambiental, e xerando riqueza. Esta é a 4º edición desta programación, que foi todo un éxito nas anteriores convocatorias grazas á participación de milleiros de persoas que desfrutaron das actividades e que contribuíron a impulsar establecementos lucenses de diferentes sectores (dende os de multiaventura ós da hostalería), mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación.