Deputación de Lugo

A Deputación impulsa por cuarto ano consecutivo a Festa do Marisco

Imaxe deputación de lugo
Lara Méndez participou na presentación da cita gastronómica, coa que colabora a institución con 5.000 euros dentro da súa aposta polos produtos autóctonos para xerar riquezaA Deputación contribúe á celebración doutros 30 festexos, potencia todas as confrarías de pescadores ou comercializa os productos, creando emprego e dinamizando a economía luguesaA Festa do Marisco terá lugar o 10 de agosto, nos xardíns Noriega Varela de Viveiro, onde se degustará un menú de nécoras, berberechos, boi de mar, mexillóns e cigalas, a 18 euros

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, a Tenente de Alcalde de Viveiro, María Loureiro, así como representantes da Xunta e de El Progreso, presentaron este mércores a 4ª edición da Festa do Marisco, que organiza dito grupo de comunicación, en colaboración con institucións e empresarios, no municipio viveirense o 10 de agosto. Lara Méndez salientou que “por cuarto ano consecutivo, contribuímos á celebración desta cita gastronómica con 5.000 euros, ó igual que impulsamos outros 30 eventos destas características na provincia, como por exemplo a Festa do Berberecho de Foz, ó tempo que colaboramos con todas as confrarías de pescadores lucenses. Todo isto, dentro da nosa aposta polos produtos autóctonos para xerar riqueza en Lugo. Estamos seguros de que a súa posta en valor crea emprego e dinamiza a nosa economía. Por este motivo, cos fondos europeos que soubemos captar, ofrecemos sen custe algún ós nosos profesionais a marca de calidade Lugo Sabe ou comercializamos os seus produtos, tanto en establecementos como en Internet, a través da 1º plataforma de comercio electrónico que puxemos en marcha na provincia: www.losproductosdelugo.com. Estas iniciativas, como a Festa do Marisco, non só benefician a produtores, senón a hostaleiros ou comerciantes, que ven como se enchen os seus negocios grazas á visita de centos de persoas que non queren perder a oportunidade de probar produtos de auténtica calidade como os lucenses. Sen lugar a dúbidas, os nosos recursos naturais e o medioambiente son a nosa oportunidade económica”.

Nesta 4º edición, os produtos que se poderán degustar son nécoras, berberechos, bois de mar, mexillóns e cigalas. Serviranse cocidos en auga de mar para manter o gusto salgado. O lugar escollido para o desenvolvemento deste festexo, son os xardíns Noriega Varela, onde se poderá degustar marisco de 12:00 a 24:00 horas, sempre que as existencias non se esgoten antes. O prezo do menú é de 20 euros, ou de 18 no caso de mercar o tíquet de xeito anticipado nas oficinas de El Progreso en Lugo, Burela, Ribadeo ou Viveiro. Tamén están a disposición dos interesados nas oficinas de Turismo de Viveiro e no restaurante Palacio de Cristal en Burela. No prezo non se inclúe a bebida.

Edicións anteriores

A Festa do Marisco xurdiu no ano 2010, cando El Progreso propuxo potenciar de xeito conxunto unha xornada gastronómica durante a época estival de carácter rotatorio, é dicir, cada ano a festa ten lugar nun Concello da Mariña, sempre ofrecendo un prezo competitivo de 20 euros para un menú composto, practicamente, por produtos da costa lucense. O éxito deste evento é tal que se repite ano tras ano. Mostra disto, no 2012, en Foz, vendéronse máis de 2.000 racións, o que significa que se comeron unhas 4.000 nécoras ou 8.000 cigalas, entre outros.

Colaboradores

O proxecto volve estar organizado por El Progreso, coa colaboración de institucións e empresas: Deputación de Lugo, Concello de Viveiro, Hotel Palacio de Cristal, Cetárea Burela, Distribuciones Carreiras, Logaidea Comunicación, Xunta de Galicia, Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, Grupo Eijo Canoura, Taller Cillero S.A.L., Villasuso Construcción, C.F.L. Carferlo e a Confradía de Pescadores Santiago Apostolo de Celeiro.