Deputación de Lugo

Gómez Besteiro participa en Madrid na Comisión Nacional de Administración Local, que aborda a reforma do sector público

O Presidente da Deputación de Lugo é un dos 13 representantes das entidades locais españolas que asistiu á reunión deste órgano, presidido polo Ministro Cristóbal MontoroNo encontro coincidiu coa cúpula da FEMP, co seu presidente e vicepresidente á cabeza, Íñigo de la Serna e Abel Caballero, respectivamente

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este mércores en Madrid no pleno da Comisión Nacional de Administración Local (CNAL), convocada polo seu presidente, o Ministerio de Facenda, Cristóbal Montoro, co obxectivo de abordar o contido da reforma da Administración Pública proposta polo Goberno Central. Gómez Besteiro é un dos 13 representantes das entidades locais españolas que asistiu á reunión deste órgano, do que forman parte outros 13 membros dos Ministerios de Facenda, Interior, Fomento, Emprego e Industria. Deste xeito, o Presidente provincial coincidiu neste encontro coa cúpula da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), cos seu presidente e vicepresidente á cabeza, Íñigo de la Serna e Abel Caballero, respectivamente.

Xunto á reforma do sector público, outros dos asuntos tratados son a reforma da orde pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais, os obxectivos de estabilidade orzamentaria e débeda pública para o período 2014 e 2016, e un informe de medidas extraordinarias de liquidez para municipios con problemas financeiros.

As funcións principais da Comisión Nacional de Administración Local son emitir informes sobre reformas lexislativas que afecten á administración local e sobre criterios para autorizar operacións de endebedamento nas corporacións locais, ademais de efectuar propostas e suxestións ó Goberno en todo o relativo ó eido local.