Deputación de Lugo

O 80% dos casos de cáncro están causados por factores ambientais

A Deputación colabora nun curso que analiza no Balneario de Guitiriz as causas medioambientais do cáncro A Deputada Regina Polín, destaca a importancia desta colaboración para fomentar o estudo da enfermidade xa que moitos dos casos son evitablesDende o organismo provincial urxen a posta en marcha dos servizos prometidos para o tratamento do cáncro no HULA

A Organización Mundial da Saúde calcula que o 80% dos casos de cáncro están causados por factores ambientais polo que unha grande parte deles son evitables seguindo bós hábitos de vida e entornos saudables. Esta enfermidade ten cada vez unha maior unha incidencia na poboación, convertíndose na actualidade na segunda causa de mortalidade en España.

Coa intención de estudar estes factores ambientais, o Balneario de Guitiriz acolle a vindeira semana un curso de verán que conta cunha aportación económica da Deputación. Coa intención de deixar constancia das reflexións dos expertos neste tema o curso será gravado na súa totalidade pola Fundación TIC que elaborará unha ampla reportaxe.

Dende o organismo provincial destacan a importancia da celebración de cursos coma este, que analicen pormenorizadamente as causas medioambientais do cáncro e que estuden alternativas saudables para evitar a enfermidade. A deputada Regina Polín, destacou na presentación do curso que o Balneario de Guitiriz é un lugar moi axeitado para o desenvolvemento do curso, xa que “trátase dun lugar privilexiado no que os expertos poderán inspirarse para buscar factores saudables que eviten a enfermidade”.

Este é o segundo ano consecutivo que se celebra este curso de verán que organiza a Universidade de Santiago de Compostela. Está codirixido pola profesora da área de Nutrición e bromatoloxía da USC, Lourdes Vázquez Oderiz e máis polo director médico do Balneario de Guitiriz, o doutor Salvador Ramos Rey. O curso conta co recoñecemento de Interese Sanitario e a Universidade de Santiago recoñece para os participantes un crédito de formación

O director do curso, Salvador Ramos, explicou que durante 3 días un grupo de expertos abordarán aqueles aspectos da nosa vida cotiá que supoñen risco de padecer cáncro.

Curso multidisciplinar con importantes expertos

A profesora Lourdes Vázquez destacou que se trata dun curso multidisciplinar no que ademáis de importantes expertos oncólogos participarán profesionales de enfermería, nutrición, fisioterapia, exercicio físico, psicoloxía, así como expertos en contaminación ambiental e docentes no ámbito da cociña e da restauración.

O director médico do balneario explicou que a dirección do curso quere dar espazo aos afectado pola enfermidade polo que tamén participarán como ponentes pacientes da Asociación de paciente onco-hematológicos, “Por + vida” de Ferrolterra e a Asociación Galega de Mulleres afectadas por Cancro de mama “puntoeseguido”. Os afectados aportarán o seu testemuño como o caso de Teresa Ferreiro, xornalista e autora do libro “Un bulto en la mama, tú eliges como abordarlo”.

Entre os expertos que participan no curso atópase o profesor da Universidade de Granada Nicolás Olea recoñecido experto en sustancias químicas tóxicas no ambiente doméstico; a médica oncóloga experta na introducción do exercicio físico para previr e tratar o cáncro, Ana Ruiz; o profesor Manuel Arroyo, tamén da Universidade de Granada; a presidenta da Sociedade Española de Medicina Preventiva e Saúde Pública, a doutora Berta Uriel; e os oncólogos Lourdes Calvo e Sergio Estévez, dos hospitais do SERGAS de A Coruña e Lugo.

O curso se pecha coa intervención dos profesionais do Balneario de Guitiriz,
que explicarán as intervencións que veñen desenvolvendo na Unidade de Atención a Supervivintes de Cáncro, onde levan a cabo o Programa de Coidados Integrais a persoas afectadas por cáncro, en colaboración co Centro de Hidroterapia Spa LOIDA de A Coruña.

Reclamación dos servizos para o HULA

Relacionado co tratamento do cáncro e aproveitando a presentación deste curso, dende a Deputación insisten na importancia de dotar ao Hospital Lucus Augusti dos servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear que se empregan no tratamento dos afectados tumorais. Regina Polín destacou que se trata duns servizos comprometidos pola Xunta e que aínda non foron implantados neste centro hospitalario, sendo Lugo a única provincia que non conta cunha unidade de tratamento integral do cáncro. O cálculo dos afectados apremia a posta en marcha destas unidades xa que entre 750 e 800 lugueses se ven afectados cada ano por un cáncro, das que entre o 70 e o 80% precisan tratamento con alguna destas técnicas.