Deputación de Lugo

A auditoría ao CB Breogán SAD rebaixa o valor unitario das súas accións de 16,23 a 1,16 euros.

Imaxe deputación de lugo
As perdas económicas da Deputación derivadas da súa participación no club ascenden a 1.130.235,48 eurosA venda de accións priorizarase entre os accionistas e abonadosMario Outeiro garante o apoio da institución provincial ao Breogán tras a súa saída do accionariado, proceso que rematará no primeiro trimestre de 2014

Mario Outeiro, delegado provincial de Cultura e Turismo, informou, esta mañá, dos resultado da auditoría encargada pola Deputación ao decano do Colexio de Economistas e Auditores de Lugo para coñecer o estado patrimonial e o valor unitario das accións do Club Baloncesto Breogán Sociedade Anónima Deportiva (CB Breogán SAD).

De acordo aos datos ofrecidos pola mesma, Outeiro explicou que, “na actualidade, a valoración patrimonial do Breogán é cero”, mais insistiu en que “o club se atopa nunha situación económica totalmente diferente á que se atopou, hai seis anos, a Deputación cando se fixo cargo da dirección da entidade deportiva e Antón Bao, vicepresidente da institución naquel intre, asumiu a súa presidencia, momento no que, tamén segundo os datos ofrecidos por unha auditoría, o Club Baloncesto Breogán se atopaba en quebra técnica e en proceso concursal.O importante é que a estas alturas e tras a ampliación do capital realizada pola institución provincial a finais da tempada pasada, o valor patrimonial do Breogán non é negativo.”

En relación ao valor unitario das accións do CD Breogán SAD, a auditoría revela que é de 1,16 euros, o que significa, un importante quebranto económico para o ente provincial que mercara ditas acción a un prezo de 16,23 euros. A Deputación é titular de 74.797 accións, o que representa o 48,35% do total e que no momento da constitución do Breogán en Sociedade Anónima Deportiva representaba un investimento de 1.214.000 euros. A día de hoxe, estas accións representan 83.764,52 euros, o que supón para a institución unha perda de 1.130.235,48 euros.

A este respecto, Mario Outeiro afirmou que “as importante perdas derivadas da participación da Deputación no accionariado do Breogán, resultado da herdanza do Partido Popular, teñen que ser un motivo de reflexión respecto da participación das institucións públicas nas sociedades anónimas deportivas. Hai seis anos xa nos opuxemos á entrada da institución provincial no accionariado do club porque entendíamos que a Deputación debe estar para outros temas e, hoxe, isto é aínda máis evidente, non só por razóns ideolóxicas senón tamén porque a propia realidade o testa.”

A realización desta auditoría e a determinación do prezo unitario das accións do principal equipo de baloncesto lucense é consecuencia do acordo da Xunta de Goberno da Deputación para iniciar o proceso de saída da mesma do accionariado do club; proceso que se decidiu co aval do Consello de Administración do Club Baloncesto Breogán Sociedade Anónima. Neste senso, o deputado provincial anunciou que dito proceso “estará rematado ben durante o último trimestre de 2013 ben no primeiro trimestre de 2014”, para o cal se estableceron os seguintes pasos coa fin de enxenación dos valores do club:

-Cesión do 20% das acción en réxime de autocarteira ao propio CB Breogán SAD. Tendo en conta que esta porcentaxe determínase por tratarse do valor límite máximo para unha sociedade non cotizada en bolsa e que o obxectivo central da Deputación é garantir que o club non se deslocalice e remate sendo propiedade dos afeccionados.

-Enaxenación do resto das acción ofertándoas, en primeiro lugar aos actuais accionistas, non estando regulado legal nin estatutariamente o dereito de adquisición preferente e non podendo superar paquetes de 1.000 accións por persoa física ou xurídica.

Unha vez finalizada esta operación, procederíase as seguintes fases; adquisición de accións por parte dos abonados e senón se cobren por estes polo público en xeral, sendo o límite máximo de adquisición paquetes de 1.000 accións por persoa física ou xurídica.

Mario Outeiro insistiu en que “a finalidade de todo este proceso é evitar a concentración de accións en poucas mans, garantir a non deslocalización do club e que este remate sendo propiedade da afección” e volveu a reiterar “o compromiso da Deputación co CB Breogán SAD. Un compromiso que se ten evidenciado durante todas as tempadas xa non só como máximos patrocinadores e a través das diferentes liñas de axuda da institución, senón tamén como avalistas do club para que este poida xogar a vindeira tempada na Liga LEB. O
apoio da Deputación ao Breogán seguirase mantendo tras a súa saída do accionariado.”