Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo leva o Barco Muralla a Monforte de Lemos

Imaxe deputación de lugo
A Deputación pretende, con iniciativa, concienciar ós asistentes de prácticas favorables á conservación e coidado do medio ambienteA actividade está dirixida a toda a familia con actividades lúdicas e informativas

O Barco Muralla expón, unha semana máis, a riqueza medioambiental da provincia ó tempo que ofrece unha serie de actividades lúdicas para o desfrute en familia. A actividade, organizada pola Deputación, atoparase en Monforte de Lemos durante o xoves 15 e o venres 16, coincidindo cos días grandes das festas patronais da localidade.

A embarcación, que se situará na Praza da Compañía, está executando diversas actividades, que se reparten en dúas áreas: unha no exterior, máis ambientada no público infantil, e outra no interior, enfocada para adolescentes e unha audiencia de maior idade. Fóra sitúanse os talleres de traballos manuais para nenas e nenos, así como un apartado de reciclaxe onde os máis pequenos poden comezar a concienciarse na defensa do medio ambiente. Dentro da embarcación atópase unha pequena sala con portátiles onde os asistentes poden informarse acerca de toda a diversidade ambiental da provincia, e unha sala na que se expoñen vídeos con material informativo editados por membros da Fundación Tic, organismo dependente da Deputación. Ademais, dous monitores guiarán en todo momento a todos os asistentes, que tamén dispoñen de folletos informativos.

Esta será súa terceira cita do verán, logo de dúas visitas moi concorridas polas vilas de Guitiriz e Burela. Tras esta parada pola capital da Ribeira Sacra, o Barco ten programada unha visita a Meira os días 24 e 25 de agosto.

Dentro do programa Lug0₂
O Barco Muralla é unha iniciativa que se enmarca dentro do programa Lug0₂ da Área de Medio Ambiente, que conta cun orzamento de máis de 120.000 euros e que está financiado nun 80% por fondos europeos. Dende a Deputación consideran que o medio ambiente é unha importante oportunidade de negocio para os lucenses que, con iniciativas deste tipo, coidan o seu patrimonio e xeran riqueza dun xeito sostible, de aí o empeño da entidade provincial por amosar tódalas posibilidades da natureza de Lugo.