Deputación de Lugo

A Deputación ofrece máis de 500 horas de formación gratuíta ós máis de 900 empregados públicos da provincia

Trátase de 20 novos cursos do Plan Agrupado de Formación, pensados para mellorar a organización das Corporacións locais e as competencias dos seus traballadoresOs cursos versarán sobre temas coma as novas tecnoloxías; materias económico-orzamentarias; o medio ambiente ou outras máis específicas para colectivos coma policías ou bombeirosOs interesados poderán atopar máis información e o modelo de solicitude en www.deputacionlugo.com. O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de setembro

A Deputación de Lugo vén de convocar unha nova programación de cursos, abertos á participación de todos os empregados públicos da provincia, que ofrece máis de 500 horas de formación en diferentes áreas, pensada para ofrecerlles os instrumentos necesarios para a modernización da administración pública.

Deste xeito, a programación formativa disposta para o derradeiro cuatrimestre do 2013 persegue o dobre obxectivo de mellorar a organización das Corporacións Locais ó tempo que se melloran as competencias dos empregados públicos. Tendo en conta que a formación é unha ferramenta de cambio, imprescindible para reformar os procesos de traballo, o plan agrupado posto en marcha pola institución provincial está encamiñado á transformación dunha Administración excesivamente burocratizada e lenta nunha Administración transparente, moito máis cercana ó cidadán. A institución provincial leva tempo traballando en prol da e-administración, coa intención de mellorar as relacións entre o organismo e os veciños da provincia, xa que esta administración electrónica aumenta a transparencia e axiliza a comunicación cos cidadáns.

Para a súa elaboración tivéronse en conta as necesidades formativas dos destinatarios, mediante a cumprimentación de cuestionarios por parte tanto de organizacións sindicais coma responsables de formación das diferentes Administracións e cos propios traballadores públicos participantes nas anteriores convocatorias.

O Plan Agrupado da Deputación de Lugo para o ano 2013 está dirixido a todos os empregados públicos da institución provincial e dos Concellos da provincia. Coma en anteriores convocatorias, parte desta formación é moi específica e deseñada para determinados colectivos, coma membros das forzas e corpos de seguridade e de servizos de emerxencias, coma policías e bombeiros.

20 accións formativas

Consta de 20 accións formativas -11 presenciais e 9 online-, que ofrecen un total de 553 horas lectivas. Estas distribúense fundamentalmente en áreas de coñecemento coma as novas tecnoloxías e a súa imprantación no marco da Administración; os temas económico-orzamentarios, xurídicos e de procedemento administrativo; o medio ambiente, urbanismo ou desenvolvemento local e de normativa da Unión Europa.

Os cursos dispoñibles son os seguintes:

Novedades na Lei de Contratos do Sector Público
Aplicación práctica do procedemento administrativo nas administracións públicas
Incidencia da reforma laboral nas Administracións Públicas
Ferramentas web 2.0. Redes sociais e profesionais. Nivel básico
Estabilidade orzamentaria no ámbito local
Xestión de fondos europeos nas Administración Locais
Administración e xestión de Recursos Humanos das entidades locais na normativa vixente
Procedemento administrativo común, responsabilidade patrimonial, revisión de oficio e potestade disciplinaria
Aspectos prácticos sobre procesos informáticos no ámbito da xestión tributaria e a recadación nas entidades locais
Control do uso do tacógrafo nas vías urbanas para policías locais
Desbloqueo en montacargas, elevadores e ascensores
Técnicas para a intervención con familias en risco social
A cretividade e a innovación como competencias de futuro
Iniciación á utilización da Intranet no ámbito local
O sistema institucional, o ordenamento xurídico e a estrautura institucional da Unión Europea
Microsoft Excel. Nivel avanzado
Web 2.0: utilización dos recurso de Internet. Nivel avanzado
Xestión de equipos: mando, liderazgo e motivación
Agente dinamizador do medio rural
Formación de xestores enerxéticos municipais

Solicitudes antes do 18 de setembro

Todos os interesados en acceder a estas accións formativas dispoñen de toda a información necesaria na páxina web www.deputacionlugo.org. Nesta páxina tamén poderán atopar e descargar o modelo de solicitude que deberán presentar, debidamente cuberto, no Rexistro Xeral da entidade, situado no edificio do Pazo provincial; por correo electrónico, no enderezo formacion@deputacionlugo.org; mediante fax dirixido ó número 982 260 169; por correo ordinario, enviando as instancias ó enderezo Rúa San Marcos, 8- 27001 Lugo; ou nos demais lugares sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/19892, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de setembro.