Deputación de Lugo

A Deputación apoia ós veciños na recollida de 15.000 sinaturas para que a Xunta dote de sevizos ó HULA e ó Xeral

A institución involúcrase coa Federación de Asociacións Veciñais Lucenses para presentar unha iniciativa parlamentaria popular na Cámara galegaObxectivos: que Lugo deixe de ser a única provincia de Galicia que non ten Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear; e que o Xeral deixe de estar baleiro Pilar García Porto e Regina Polín participaron este xoves no acto simbólico de recollida de sinaturas que, oficialmente, arranca hoxe, prologándose durante 3 meses

As Deputadas de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e de Deseño e Artesanía, Regina Polín, sumáronse este xoves ó acto simbólico de recollida de sinaturas, que organizou a Federación de Asociacións Veciñais Lucenses para reivindicar Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear no HULA, e utilidade ó Xeral.

García Porto destacou que “involucrámonos na recollida das 15.000 sinaturas que se precisan para poder presentar unha iniciativa parlamentaria popular. O noso obxectivo é que a Cámara acorde que Lugo deixe de ser a única provincia de Galicia que non conta con estes servizos, deixando de tratar ós lucenses como cidadáns de segunda. Xuntos, institucións e veciños, queremos por fin a unha das maiores discriminacións históricas da Xunta coa provincia. Ademais, tamén reclamamos que o Goberno galego cumpra as súas promesas ó respecto do Xeral. Anunciou un PAC, un laboratorio e ata un centro de saúde, pero o antigo hospital segue baleiro”. A partir de hoxe e durante 3 meses, recolleranse as sinaturas.

Mocións e manifestacións

Deputación e Federación levan meses facendo estas peticións. O organismo provincial levou ó Pleno varias mocións, esixindo isto mesmo á Xunta, malia non contar o apoio dos representantes do Partido Popular na Corporación Provincial, ó tempo que secundou as dúas manifestacións que organizaron os veciños. A última foi a máis multitudinaria na provincia, coa participación de 8.000 persoas.