Deputación de Lugo

Alumnos da Escola de Imaxe e Son gravan a Noite Aberta para impulsar os máis de 70 establecementos participantes

Imaxe deputación de lugo
Con este material, elaborarán un DVD e reportaxes, contribuíndo ó impulso dun sector piar da economía luguesa, como é o comercio. Trátase dunha práctica real máis que ofrece a EIS ós estudantes para mellorar a súa formaciónRegina Polín participará ás 18:00 horas na inauguración desta cita coa que colabora a institución, ó igual que fai coa Feira Oulet ou o Street Market, ó abeiro dun convenio coa Asociación de Autónomas de Lugo 

Alumnos da Escola de Imaxe e Son da Deputación, o único centro público na provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, baixo a supervisión de docentes e técnicos da Fundación TIC, gravan hoxe a Noite Aberta. Con este material, elaborarán un DVD e reportaxes sobre os máis de 70 establecementos que participan nesta cita, contribuíndo a súa promoción. O organismo provincial colabora deste xeito coa Asociación de Autónomas de Lugo na celebración da cuarta edición desta cita, potenciando un sector piar para a economía luguesa, como é o comercio. A gravación da Noite Aberta enmárcase na programación de prácticas reais que ofrece a EIS ós estudantes para mellorar a súa formación.

Esta colaboración da institución coas autónomos luguesa a través da Fundación TIC súmase a outras como a Feira Oulet ou o Street Market, ó abeiro do convenio asinado para potenciar as actividades que organiza en prol do comercio e dos autónomos. Na actualidade, a TIC colabora con máis dun cento de asociacións sen ánimo de lucro.

A Patrona da Fundación TIC, Regina Polín, participará ás 18:00 horas na inauguración da Noite Aberta, que arrancará cun desfile de moda na Praza Maior, diante do Concello, presentado pola cantante Lucía Pérez e amenizado polo DJ Marcos Magán. Máis de 70 establecementos permanecerán abertos ata as 23:00 horas. Ofrecerán descontos, cócteles, catering, sorteos, música en vivo e moitas sorpresas. Batucadas, pernilongos, acrobacias sobre teas e bailes amenizarán as rúas.