Deputación de Lugo

A Deputación remata melloras por valor de 50.000 euros nas dotacións públicas de zonas rurais da Zona Sur

Así o adiantou Pilar García Porto durante a súa visita a Carballedo, onde supervisou as obras de rehabilitación da fonte da Laxa de Temes, que dá servizo a 10 familiasO organismo provincial contribúe o mantemento de 20 postos de traballo de PEMES e autónomos da zona que se encargaron de acometer estas obrasO plan de axudas ó medio rural loita contra a sangría demográfica con servizos básicos de calidade que melloren as condicións de vida e traballo da poboación do rural

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, adiantou este martes que o organismo provincial vén de rematar melloras en dotacións públicas da Zona Sur luguesa por valor de 50.000 euros, financiados nas súa totalidade pola institución, co Plan de Axudas no Medio Rural.

Pilar García Porto fixo este anuncio durante a súa visita ó Concello de Carballedo, onde supervisou as actuacións levadas a cabo para a rehabilitación da fonte pública no lugar da Laxa de Temes, que dá servizo a unha decena de familias. As obras consistiron no entubado da canle de auga, asegurando a súa salubridade, así como no acondicionamento do chan e colocación dun teito para mellorar o acceso dos veciños á zona.

Xunto a estes traballos, a Deputación financiou en zonas rurais de municipios do sur lugués un total de 9 obras: o acondicionamento da fonte de Laxa de Temes (Carballedo); o arranxo de camiños en Vilar (Taboada), en Muradelle (Chantada) e en Monforte de Lemos; adecentamento dunha fonte (Quiroga); mellora de accesos a viñedos (Pantón); recuperación de área recreativa (Pobra de Brollón); canalización de regadío (Ribas de Sil); limpeza de rego (Bóveda). O orzamento que achegou o organismo provincial a estas actuacións é de 50.000 euros.

20 Autónomos e PEMES da provincia foron os encargados da execución destas obras, contribuíndo, deste xeito, ó mantemento de emprego e ó impulso dun dos sectores piares da economía luguesa. O plan de Axudas ó Medio Rural dota ós veciños da provincia de servizos públicos de calidade, mellorando as súas condicións de vida e permitíndolles vivir dignamente no rural, freando deste xeito a sangría demográfica, preocupación principal da Deputación.