Deputación de Lugo

Máis de 15.000 persoas visitaron no que vai de ano o Barco Muralla da Deputación

As últimas 4.000 persoas fixérono en Monterroso onde estivo a aula medioambiental aproveitando a afluencia de público da tradicional Feira de SantosEsta semana o Barco Muralla estará nos colexios de Rábade e Vilalba onde amosará ós escolares destes Concellos toda o patrimonio natural da provincia

Máis de 4.000 persoas coñeceron o medio natural lucense da man do Barco Muralla da Deputación, durante a súa parada na Feira de Santos do Concello de Monterroso. A institución provincial organiza o percorrido desta aula turístico-medioambiental atendendo á celebración de festas e citas gastronómicas, aproveitando a afluencia de xente e permitindo así que o maior número de persoas participen nas actividades de concienciación e reciban información sobre a riqueza natural da provincia. No que vai de ano, pasaron por esta instalación máis de 15.000 persoas.

Dentro da súa programación para escolares o Barco Muralla estará esta semana no IES Río Miño, de Rábade e no IES Santiago Basanta, de Vilalba, onde recibirá ós escolares da zona. Coa chegada do curso escolar, a Deputación ofrece a todos os colexios da provincia a posibilidade de contar con esta iniciativa que desenvolve actividades programadas especificamente para alumnos dende infantil ata 6º de primaria. Na súa visita, os escolares participan en obradoiros de concienciación medioambiental e coñecen o medio natural lucense. O Barco Muralla achega ós nenos dous símbolos da provincia: a muralla romana e a Mariña, gran recurso natural aínda descoñecido para moitos dos rapaces do interior.