Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo súmase o Día Mundial da Diabetes iluminando de azul o Pazo de San Marcos

A fachada do edificio permanecerá tinguida da cor oficial da Diabetes toda a noite en sinal de apoio ós diabéticos lucenses

A Deputación de Lugo participa na celebración do Día Mundial da Diabetes iluminando de cor azul a fachada do Pazo de San Marcos. Esta noite máis de 1.000 monumentos de todo o mundo se tinguirán desta cor en recoñecemento ós que paceden esta enfermindade.

Con esta iniciativa, a institución provincial colabora nas tarefas de sensibilización da sociedade, concienciando á cidadanía acerca da importancia dos métodos de prevención e detección precoz da enfermidade. Os expertos advirten que a enfermidade está infradiagnosticada e crece de forma sustancial, de ahí a necesidade de chamar a atención con iniciativas coma esta. Preto dun 14% da poboación adulta padece diabetes de tipo II e moitos o descoñecen. A doenza está relacionada co sobrepeso e a hipertensión e na provincia se diagnostican cada ano, 10 casos novos da diabetes máis grave, un 12% das embarazadas sofre a de tipo xestacional e se descoñece o número de afectados pola diabetes tipo II, de menor gravidade pero con riscos para a saúde.