Deputación de Lugo

Recoñecidos expertos analizan o mércores na Deputación o futuro do sector agroalimentario en Galicia

Imaxe deputación de lugo
Farano nunha conferencia aberta ó público e gratuíta no Salón de Actos do Pazo Provincial o 13 de novembro ás 19:30 horas, organizada polo organismo provincial e Economía Dixital, coa colaboración do grupo El Progreso Francisco Sineiro, Higinio Mougán e Eladio Rigueira abordarán as fortalezas e debilidades deste sector e responderán ás cuestións que plantexe o público participante

A Deputación de Lugo acollerá o mércores, 13 de novembro, unha nova conferencia aberta ó publico e gratuíta do ciclo Galicia en clave económica, que organiza o organismo provincial e Economía Dixital, coa colaboración do Grupo El Progreso. Trátase da terceira das cinco xornadas desta programación, na que recoñecidos expertos na Comunidade abordarán a situación do sector primario galego e as súas perspectivas de futuro.

Baixo o nome o Futuro da agroalimentación en Galicia, a conferencia reunirá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, ás 19:30 horas do mércores, tres destacados profesionais:

- Francisco Sineiro: Doutor Enxeñeiro agrónomo. É profesor titular de Economía e Política Agraria na Escola Politécnica Superior de Lugo.
- Higinio Mougán: Director Xeral da Cooperativa Galega de Cooperativas Agroalimentarias, é especialista en cooperativismo agrario
- Eladio Rigueira Sobrado: empresario e director xeral de Lácteos Casa Macán, que destacada pola súa innovación no sector agroalimentario galego.

Os poñentes analizarán o aproveitamento deste sector en Galicia, así como as súas fortalezas e debilidades, para dilucidar as liñas de actuación no futuro do sector primario galego. Os expertos responderán as cuestións que plantexe o público asistente.

Novas xornadas

Galicia en clave económica comprende 5 encontros, dos que xa se celebraron 3, cun grande éxito de participación. En anteriores ocasións, expertos do ámbito económico e empresarial trataron as claves dun modelo produtivo e económico de futuro para a comunidade galega, as potencialidades sen explotar da súa economía, os novos modelos emerxentes e a situación da banca. Os debates continuará nos vindeiros meses, con outras 2 citas, nas que se disertará sobre as posibles saídas do paro e os xacementos de emprego, así como o papel dos sectores público e privado.

A diferenza doutros encontros con expertos, as charlas organizadas pola Deputación son abertas á participación, tendo en conta a importancia deste tema para a sociedade, e fomentando, deste xeito, a implicación da cidadanía na busca, entre todos, de saídas á crise económica.