Deputación de Lugo

A Deputación forma gratis a outros 10 emprendedores lucenses para a posta en marcha dos seus negocios nos Ancares

Imaxe deputación de lugo
Este luns comezou o 1º obradoiro en Cervantes do Campus de Empredemento Sostible, que ofrece formación e asesoramento práctico para abrir novos establecementos na Reserva do Ancares, cos que xerar emprego e combater o despoboamento demográficoAberto o prazo de solicitude para a un novo curso neste Concello entre os días 25 e 28 de novembro en www.deputacionlugo.org ou e 982-22-78-12

A Deputación forma gratis a outros 10 emprendedores para a posta en marcha dos seus negocios, neste caso, nos Ancares Lucenses. Faino a través do Campus de Emprendemento Sostible, que ofrece obradoiros e visitas a establecementos consolidados co obxectivo de impulsar novos negocios nas Reservas da Biosfera, cos que xerar emprego e combater o despoboamento demográfico.

Este luns, comezou o primeiro dos dous cursos que o organismo provincial leva a Cervantes. As sesións desenvólvense en horario de mañá no edificio de Servizos Múltiples do Concello e inclúen formación e asesoramento práctico, cos que se dá conta das posibilidades de negocio nos Concellos de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá.

O Campus de Emprendemento Sostible enmárcase na aposta da Deputación pola cultura emprendedora como saída laboral, impulsando a creación de empresas no rural, xerando postos de traballo e facendo fronte á sangría demográfica.

Os participantes coñecen a viabilidade dos seus proxectos e reciben asesoramento técnico, económico, comercial ou medioambiental. Ademais, comparten a experiencia de emprendedores da provincia con exitosos negocios nas visitas que realizan ós seus establecementos. O Campus tamén serve de foro de encontro entre emprendedores e persoas concienzadas sobre o respecto ó medio ambiente.

A institución celebrará outro obradoiro en Cervantes entre os días 25 e 28 de novembro. Os interesados poden facer a súa solicitude entrando en www.deputacionlugo.org ou chamando ó 982 227 812.