Deputación de Lugo

A Deputación inviste preto de 250.000 euros en mellorar dotacións veciñais en todos os Concellos da Comarca de Sarria

Sonsoles López Izquierdo supervisou hoxe actuacións realizadas no Concello de Paradela a petición dos veciños e que a institución provincial financiou ó 100% con 36.000 eurosAs obras consistiron no acondicionamento de camiños en Mosteirovello, Bustergas e Bacorelle, na parroquia de Castro de Rei de Lemos, das que se benefician máis dun cento de veciñosEstas obras son algunhas das 35 realizadas nos 7 Concellos da Comarca e que consistiron fundamentalmente en acondicionamento de accesos, melloras en dotacións de uso comunitario e arranxo de fontes

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, avanzou este xoves o remate de 35 obras de acondicionamento e mellora de servizos públicos municipais no rural dos Concellos da Comarca de Sarria, financiadas todas elas ó 100% pola institución lucense cun total de 246.100 euros. Nesta ocasión, López Izquierdo supervisou algunha das actuacións levadas a cabo no Concello de Paradela, no que se puideron acometer 3 obras por un valor total de 36.000 euros.

A Deputada destacou o valor que estas axudas teñen para os Concellos da provincia, especialmente na zon do rural, xa que “malia súa pequena contía, posto que non sobrepasan os 12.000 euros, son fundamentais para poder levar a cabo obras que supoñen melloras substancias para a calidade de vida dos veciños, ó tempo que aforran cartos ás arcas municipais”. Do mesmo xeito, a Deputada tamén destacou os beneficios que reportan para os autónomos e pequenas empresas que adoitan realizar estas obras, “contribuíndo a manter postos de traballo nuns tempos especialmente complicados para este sector”.

As tres actuacións supervisadas hoxe por Sonsoles López Izquierdo en Paradela, consistentes todas elas no acondionamento de accesos, contaron cun orzamento de 36.000 euros. A primeira destas foi o arranxo dun camiño veciñal no lugar de Mosteirovello, núcleo principal de poboación da parroquia de Santa María de Castro de Rei de Lemos, a máis poboada do Concellos con máis de 600 veciños, para a que a institución provincial destinou 12.000 euros. Outra das obras de acondicionamento de camiños, neste caso o camiño de Corga de Arriba da Barreira en Bustaregas, pertencente á mesma parroquia, que recibiu unha axuda doutros 12.000 euros, e finalmente o camiño de Albariza, en Bacorelle, obra subvencionada coa mesma contía. Nos tres casos trátase de melloras en camiños que dan acceso a fincas de traballo e adas que se benefician arredor dun cento de veciños.

35 obras nos 7 Concellos

As obras supervisadas hoxe en Paradela son só algunhas das 35 que se realizaron nos 7 Concellos que forman a Comarca de Sarria e que a institución provincial financiou ó 100%. Cunha aportación media por Concello de 35.000 euros, as actuacións para as que os propios veciños pediron a colaboración da Deputación, consistiron fundamentalmente en acondicionamento de camiños e outros accesos, tanto a vivendas como a fincas de traballo ou explotacións, as que supoñen un 46% do total-; a mesma porcentaxe representaron as melloras en dotacións de uso comunitario, tales como locais sociais, lavadeiros ou áreas recreativas; e, finalmente, un 9% do total foron obras encamiñadas ó arranxo de fontes.