Deputación de Lugo

A Deputación manterá pechados os xardíns de San Marcos durante a fin de semana ante a alerta de temporal

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial toma esta medida para asegurar a integridade das persoas ante as previsións meteorolóxicas que activaron a alerta laranxa por temporal de ventoA Deputación manterá despregado un amplo dispositivo de 104 operarios e 54 máquinas para actuar coa máxima axilidade e manter en perfectas condicións a rede viaria provincial

Os xardíns da Deputación permanecerán pechados ó público dende hoxe e durante toda a fin de semana para garantir a seguridade dos usuarios ante o temporal de vento anunciado polos servizos meteorolóxicos, que advirten que durante a fin de semana poderán acadarse refachos de máis de 100 quilómetros por hora que afectarán a toda a provincia.

Ante esta situación, a Deputación mantén despregado un amplo operativo composto por 104 operarios e 54 máquinas que permanecerá activo durante toda a fin de semana para actuar coa máxima axilidade en caso de sucesos puntuais para conservar e manter sempre en perfectas condicións a rede viaria provincial.