Deputación de Lugo

Os xardíns da Deputación permanecerán pechados ó público durante a fin de semana por mor do temporal

Imaxe deputación de lugo

Os xardíns da Deputación permanecerán pechados ó público durante a fin de semana por mor do temporal Ruth co fin de garantir a seguridade dos usuarios. Ante a previsión meteorolóxica da chegada dunha nova fronte, a Deputación súmase ás medidas de precaución tomadas por outras entidades, que pecharon parques e espazos públicos e suspenderon actividades ó aire libre.

Os xardíns da Deputación foron abertos ó uso público no 2011, logo da súa rehabilitación dentro do Plan Urban, o programa europeo impulsado por Deputación e Concello de Lugo. A apertura da parcela e os xardíns situados na parte traseira do Pazo de San Marcos permitiu dar continuidade ó paseo interior da Muralla cun espazo de 250 metros transitables. O plan Urban incluíu outras actuacións que reactivaron a zona, como a peonalización da Praza de San Marcos que se converteu ademais na primeira praza wifi da cidade.

Os usuarios poderán desfrutar de novo do parque, previsiblemente, a partir do vindeiro luns, cando se agardar unha melloría do tempo.