Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo defende o seu investimento nunha asociación educativa de referencia, subvencionada por Fraga e Feijóo

Imaxe deputación de lugo
Incoherentes as críticas de Candia contra unha asociación pedagóxica xa subvencionada polo Partido Popular na Deputación de Lugo Candia debería preguntar a Feijóo ou Calvo porque colaboran coa Asociación Socio-pedagóxia Galega Xunta e Deputación da CoruñaO PP tería que explicar se prefire entón subvencionar actividades de Carmen Lomana na Casa de Galicia, como fai Feijóo

Sorprende a ignorancia e falta de información do Partido Popular de Lugo sobre a Asociación Socio-pedagóxica Galega, un colectivo de referencia en Galicia, con máis de trinta anos de traxectoria profesional, adicados á realización de actividades formativas, educativas e de dinamización sociocultural por toda a Comunidade, grazas ó financiamento de Xunta, Deputacións e Concellos de todas as cores políticas, así como da propia Unión Europea. É caso do proxecto Historia da Literatura, financiado con fondos europeos.

Esta asociación colaborou xa co Goberno de Fraga na elaboración do Plan de Normalizacion Lingüística. De feito, dende hai décadas recibe financiamento da Xunta de Galicia, independentemente do seu Goberno. Por exemplo, dende 1995, figuran no DOGA partidas económicas, concedidas a este colectivo polo Executivo de Fraga, de ata 150.000 euros. No 2008, con Touriño, hai axudas de 11.000 euros; no 2009, con Feijóo, de 11.000 euros; no 2010, de 10.000 euros..., entre outras moitas. Na actualidade, a Xunta segue a colaborar con esta asociación. Por exemplo, mediante un proxecto de sensibilización de incendios forestais da Consellería de Medio Rural.

Tamén as Deputacións galegas traballan coa Asociación Socio-pedagóxica Galega dende hai anos. O Partido Popular debería saber que a Deputación de Lugo colabora con este colectivo polo menos dende 2004. É dicir, o Partido Popular xa subvencionaba este colectivo. Polo tanto, son totalmente incoherentes as críticas da voceira popular, unha mostra máis da súa total ignorancia.

Elena Candia debería preguntar a Núñez Feijóo ou a Diego Calvo, tendo en conta que recentemente o Pleno da Deputación da Coruña aprobou un convenio con este colectivo por valor de 25.000 euros, porque subvencionan esta asociación.

O PP tería que explicar se prefire entón que as administracións colaboren con outras actividades, como o ciclo de conferencias na Casa de Galicia coa participación de Carmen Lomana, que subvenciona a Xunta de Feijóo.