Deputación de Lugo

A Deputación investirá 2,4 millóns de euros na mellora das estradas provinciais en todos os Concellos da Mariña

Lara Méndez deu conta do comezo das actuacións no Concello de Xove no que se limparán cunetas e se arranxará o asfalto nos puntos da rede viaria provincial que o necesitenA Vicepresidenta destacou que se trata dun plan pioneiro que permitirá un importante aforro ó optimizar o uso dos recursos públicos empregando medios propios do organismo provincialA Deputación inviste neste plan 15 millóns de euros para acondicionar os 4.200 quilómetros da rede viaria máis extensa de España e actuar nos 67 Concellos da provincia

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, deu conta hoxe en Xove do comezo dos traballos para a mellora das estradas da Comarca da Mariña dentro do plan do organismo provincial que comprende actuacións en todos os Concellos da provincia con medios propios do parque móbil.

Lara Méndez destacou que o plan desprázase ata A Mariña onde se acondicionarán os 666 quilómetros de estradas de titularidade provincial que suman os 14 Concellos da Comarca, unhas actuacións cun custe estimado de 2,4 millóns de euros. A Vicepresidenta Segunda insistiu na aposta da Deputación “pola recuperación e defensa do público xa que con este plan optimízase o uso do parque móbil e afórranse custes ó non externalizar o servizo”.

Os operarios da Deputación están a traballar no acondicionamento da vía CP-2604 entre Xove por O Monte a Valcarría. Nos labores participa un equipo de limpeza, conformado por unha niveladora, un camión e unha retroexcabadora, e un equipo de rego formado por dous camións e unha máquina pisadora. En total, son 9 operarios que revisarán o estado dos viais de titularidade provincial no Concello de Xove.

Finalizados os traballos neste municipio, o dispositivo continuará coa execución do plan noutros Concellos da Mariña ata completar toda rede viaria da provincia. Durante 11 meses os 30 operarios e as 25 máquinas da Deputación que participan neste plan desprazaranse por todos os Concellos lucenses para acondicionar as estradas de titularidade provincial, arranxando con rego asfáltico os puntos quilométricos que o precisen e limpando as cunetas. O plan conta cun orzamento de 15 millóns de euros.