Deputación de Lugo

Un cento de persoas surfearon na praia de Lóngara a pesar do mal tempo

- Dende primeira hora da mañá participantes de Galicia e Asturias estreáronse neste deporte a través do Surf-Camp da Deputación - Aitor Francesena, referente a nivel europeo no mundo do surf, destacou que “a calidade tanto das praias como das ondas da Mariña é das mellores de toda España” -Esta actividade medioambiental pon en valor a riqueza medioambiental da provincia ó tempo que serve de revulsivo económico para a zona

Aínda que o tempo non acompañou, ó redor de 100 persoas  foron as primeiras en entrar na auga a través Surf-Camp que se celebrarou na praia barreirense de Lóngara. Esta actividade, financiada nun 80% con fondos europeos do programa medioambiental da Deputación Lug02, contribúe a desestacionalizar o turismo ó tempo que pon en valor a riqueza paisaxística da provincia. Na xornada de hoxe, dende primeira hora da mañá, xente dende ós 7 ata os 47 anos, atrevéronse a entrar no mar para aprender cales son ás técnicas deste deporte, que cada vez ten un maior número de afeccionados.

O Surf-Camp é a unica actividade que hai en España na que se pode  aprender de xeito completamente gratuíto cales son os segredos deste deporte da man da élite europea do surf. Este feito sorprendeu a Aitor Francesena, ex-seleccionador nacional e actualmente adestrador de Aritz Aramburu, un dos maiores e máis laureados surfistas en todo o mundo, destacou que “ a calidade das ondas, grandes e longas; xunto coa escasa masificación das praias da Mariña, converten á costa de Lugo nunha das mellores zonas, por non dicir a mellor, para practicar este deporte”. O ex-seleccionador, que perdeu a visión logo dun aparatoso accidente surfeando, salientou que “ se xuntamos a riqueza natural das praias e a gastronomía da provincia, para surfear, Lugo non ten rival”

Os cen participantes, maioritariamente galegos e asturianos, amosaron xa dende ás 9:00 horas da mañá, moito entusiasmo e ganas de aprender o máximo posible sobre o deporte “de moda”. Distribuídos en varios grupos, de iniciación, perfeccionamento e profesional, estiveron moi atentos ás indicacións dos profesionais deste deporte. Francesena, o adestrador da élite do surf, foi a última persoa en darlle consellos ós participantes antes de que se meteran na auga e afirmou que “é un pracer ver como o meu deporte goza de tanta fama entre a xente do norte da península”.

Última xornada
 
A 4ª edición do Surf-Camp remata o domingo día 29, despois dunha fin de semana chea de actividades e emocións. Entre ás 12:00 e ás 14:00 horas, os mellores surfistas de Europa, acompañados de monitores, ensinarán a surcar as olas a todos aqueles que o desexen na praia focense da Rapadoira. Despois, a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables achegarase ata esta praia, para participar na entrega de premios que terá lugar ás 14:00 horas.