Deputación de Lugo

Máis de 3.500 persoas beneficiáronse en xullo dos prezos de Deputación e Concello de Lugo nas piscinas dos Robles

- Unha media diaria de 110 persoas se achegaron ó complexo recreativo o pasado mes, aproveitando os prezos populares e servizos que custean ambas as dúas institucións luguesas con 43.000 euros- En agosto, a entrada seguirá sendo de 1 euro para nenos e 2,20 para adultos, a metade que nas anualidades pasadas. As instalacións contan con 3 socorristas e servizos de seguridade e limpeza

Máis de 3.500 persoas beneficiáronse en xullo dos prezos populares que Deputación e Concello de Lugo ofrecen nas piscinas dos Robles. As cantidades populares, idénticas ás que aplica o municipio nas piscinas cubertas de Frigsa, contribuíron a que unha media de 110 persoas diarias se acercasen ó complexo.

Os prezos populares, que se viron reducidos case á metade en relación con outros anos, sitúanse agora no euro para os cativos de menos de 6 anos e en 2,20 euros para adultos.

A área de lecer conta con 3 socorristas, ademais dos servizos de seguridade e limpeza, que foron custeados con preto de 43.000 euros por Deputación e Concello de Lugo.

Durante agosto, o complexo seguirá aberto en horario de 12:00 a 21:00 horas.