Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo condena a explosión no Consistorio de Baralla

Imaxe deputación de lugo
A primeira hora da mañá, o Presidente púxose en contacto co Alcalde para trasladarlle o apoio da corporación provincial e por a súa disposición os servizos da Deputación

O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, amosou a “condena clara e explícita” da Deputación de Lugo á explosión no Consistorio de Baralla. “Este tipo de comportamentos, dado que ten todos os visos de ter sido a causa dun artefacto explosivo colocado intencionadamente, non conducen a nada”, subliñou.

A primeira hora da mañá, Gómez Besteiro púxose en contacto co Alcalde de Baralla, Manuel González Capón, que tamén é Deputado provincial, para trasladarlle persoalmente o apoio da corporación provincial e por a súa disposición os servizos da Deputación de Lugo.