Deputación de Lugo

A Deputación continúa a acondicionar as estradas provinciais de neve e xeo para garantir a circulación

Imaxe deputación de lugo
- Arestora unicamente se rexistran incidencias na estrada LU-P-4501, ao seu paso pola zona de Teixiera, e no acceso ao albergue dos Ancares

O operativo de máxima intensidade que despregou a Deputación esta semana por mor da alerta por neve continúa a traballar arestora para garantir a circulación nas estradas da súa titularidade. As incidencias minimizáronse na xornada de hoxe rexistrándose problemas unicamente na estrada LU-P-4501, ao seu paso pola zona de Teixira, e no acceso ao albergue dos Ancares. A pesar disto, o organismo provincial recomenda circular con precaución debido á existencia de placas de xeo na calzada.