Deputación de Lugo

Rematado o proceso de venda das 150.00 accións do CD Lugo propiedade de Deputación e Concello

Imaxe deputación de lugo
A formalización da escritura de ditas accións a nome do adxudicatario, celebrada hoxe, supón a saída definitiva do organismo provincial do accionariado do clube, cumprindo co compromiso de Gómez Besteiro

O proceso de enaxenación do paquete de 150.000 accións do CD Lugo, propiedade de Deputación e Concello, vén de rematar logo de que hoxe se formalizara finalmente a escritura de ditas accións.

Así, a Deputación sae definitivamente do accionariado do clube, dando cumprimento ao compromiso de que esta entrada non era con vocación de permanecer, atendendo á vontade política dos responsables provinciais de que unha Administración non debe ser propietaria de clubes deportivos profesionais.