Deputación de Lugo

A Deputación aproba mañá obras en 16 Concellos por valor de case 3 millóns de euros  

Imaxe deputación de lugo
As obras responden ás peticións veciñais no Orzamento Participativo 2015 e supoñen a mellora con aglomerado en quente de 45 quilómetros de vías provinciais

A Deputación aprobará mañá na Xunta de Goberno obras en estradas provinciais de 16 Concellos lugueses por valor de case 3 millóns de euros procedentes do Orzamento Participativo 2015 en resposta ás peticións dos veciños. O 15% dos máis de 55.000 cidadáns que se involucraron neste pioneiro proceso en España solicitaron á institución luguesa investimentos en infraestruturas.

As obras afectan a 45 quilómetros de vías provincias, nos que se mellorará o firme con aglomerado en quente e a sinalización, que transcorren polos municipios de Alfoz, Antas de Ulla, Baralla, Cervantes, A Pontenova, Barreiros, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz, Sober, Pol, Foz, O Valadouro, Monterroso, Navia de Suarna, Lugo e O Saviñao.

A listaxe de proxectos que se acordará na sesión deste vernes, xunto aos procesos de contratación das actuacións que inclúen, son os seguintes:

- Concello de Alfoz: LU-P-0202 “de San Acisclo a Oiras” P.K. 3,650 ao 5,050; e LU-P-0210 “de San Acisclo por Allegue a San Antonio” P.K. 3,270 ao 3,910. Orzamento: 173.930 euros.
- Concello do Valadouro: LU-P-6302 “de Calvario, na de Ferreira a Cangas, a Vilar, na LU-152 e Rampa a Iglesa” P.K, 0,000 ao 3,170. Orzamento: 169.078 euros.
- Concello de A Pontenova: LU-P-4808 “da Pontenova por Vilaouruz á N-640” P.K. 6,700 ao 9,000. Orzamento: 104.507 euros.
- Concello de Foz: LU-P-2007 “de Nois por Cordido á de Eixo a Moas” P.K. 0,000 ao 4,716. Orzamento: 232.427 euros.
- Concello de Barreiros: LU-P-0603 “de San Miguel de Reinante á Praia de Pasada” P.K. 0,000 ao 2,043. Orzamento: 148.729 euros.
- Concello de Pol: LU-P-4604 “de Caraño á Braña” P.K. 0,000 ao 3,900. Orzamento: 207.041 euros.
- Concello de Lugo: LU-P-2923 “de Santa Eulalia de Bóveda a Cruz de Gonce” P.K. 0,640 ao 2,840. Orzamento: 112.000 euros.
- Concello de Cervantes: C.P “da estrada Becerreá-Navia por San Román de Cervantes á Degrada” P.K. 15,380 ao 17,550. Orzamento: 226.293 euros.
- Concello de Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz” P.K. 5,976 ao 9,776. Orzamento: 232.572 euros.
- Concello de Ribeira de Piquín: LU-P-4606 “de Rioxoán por Boel, Chao do Pousadoiro e Carballido, a Asturias” P.K. 9,950 ao 10,750; LU-P-5401 “de Boel, por Martín, á estrada de Meira-Cádavo, en Muíña” P.K. 0,650 ao 1,050; e LU-P-5403 “accesos e Ponte de Piquín, sobre río Eo (treito Santalla-Piquín) P.K. 0,000 ao 0,970. Orzamento: 127.969 euros.
- Concello de Baralla: LU-P-0508 “da LU-710 por Castrolanzán á CP 0708” P.K.2,800 ao 4,500, P.K. 7,000 ao 7,520 e P.K. 7,940 ao 8,710. Orzamento: 226.979 euros.
- Concello de Navia de Suarna: LU-P-3501 “de Navia ao Alto do Restelo” P.K. 4,860 ao 7,750. Orzamento: 212.009 euros.
- Concello de Monterroso: LU-P-3301 “de Monterroso ao Marco” P.K. 7,400 ao 11,730. Orzamento: 219.000 euros.
- Concello do Saviñao: LU-P-4102 “de Ferreira a Currelos” P.K. 12,154 ao 14,467. Orzamento: 177.349 euros.
- Concello de Sober: LU-P-5904 “de Sober, por Gundivós, a Vilacha” P.K. 1,350 ao 5,500. Orzamento: 218.483 euros.
- Concello de Antas de Ulla: LU-P-0301 “de Antas de Ulla a Rodeiro” P.K. 0,000 ao 0,230; LU-P-0302 “de Antas de Ulla, por Santa Mariña, a Borraxeiros” P.K. 0,000 ao 0,270; e LU-P-1809 “de Chantada a Antas de Ulla” P.K. 24,719 ao 24,849. Orzamento: 63.665 euros.