Deputación de Lugo

Aberto o prazo de inscrición para o #INLUGO15

Imaxe deputación de lugo
- Os interesados en asistir ao congreso de cultura dixital e redes sociais xa poden solicitar algunhas das 200 prazas gratuítas en www.deputacionlugo.gal ou www.inlugo.com - O Congreso contará coa participación de preto de 30 prestixiosos profesionais como Ignacio Escolar, xornalista e director de @eldiarioes; David Varona, redactor xefe en RTVE; David Lombao, director de Praza Pública; Juan Andrés Milleiro, director de Social Media de NH Group, ou Víctor Tasende, deportista e blogueiro.

O Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO15 xa está en marcha.Os interesados en asistir poden solicitar algunha das 200 prazas gratuítas dispoñibles para o evento que, como xa é habitual nestas datas, reunirá no Pazo de San Marcos a destacados profesionais e expertos no mundo das novas tecnoloxías, o xornalismo, o márketing online ou a seguridade na rede. #INLUGO2015 celebrarase no Pazo de San Marcos os días 8 e 9 de maio, e a reserva das entradas pode facerse en www.inlugo.com ou en www.deputacionlugo.gal. Estas formalizaranse por rigorosa orde de inscrición.

Nesta ocasión, ata 30 destacados expertos en diferentes campos achegarán aos asistentes as claves de acceso a unha sociedade cada vez máis dixitalizada, coas súas vantaxes comunicativas e de cambio de modelo e os seus perigos froito da recente aparición e inmediata evolución. Entre eles:

-Ignacio Escolar (@iescolar), xornalista cunha ampla traxectoria, exdirector do diario Público e na actualidade director do xornal dixital referente en España, @eldiarioes. Encargado de abrir o evento, compartirá a súa experiencia e analizará os retos dos medios de comunicación no presente e no futuro inmediato que se lles presenta.
-David Varona (@davarona), redactor xefe de proxecto, participación e Social Media en RTVE. Este xornalista dixital ten experiencia na consultoría de novas tecnoloxías e no manexo de redes sociais.
-David Lombao (@davidlombao), director do xornal dixital Praza Pública, no que fai crónica política e analiza a relación do xornalismo con Internet.
-Juan Andrés Milleiro (@juanmilleiro), consultor en marketing digital y community manager, actualmente é director de Social Media de NH Group. Blogueiro que escribe sobre redes sociais, influencers, apps ou comunidades online, en continua interacción cos seus seguidores.
-Víctor Tasende (@victortasende), deportista, blogueiro e protagonista dunha asombrosa historia de superación.