Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN IMPLÍCASE NA INSERCIÓN LABORAL DE PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL A TRAVÉS DA SINATURA DE CONVENIOS CON FEAFES

A vicepresidenta da institución visitou hoxe aos alumnos que están a facerprácticas en entes dependentes da Deputación no marco dos acordos decolaboración firmados entre os dous entesMari Teijeiro incidiu en que a administración colabora no financiamento dos gastos da actividade ‘Proxecto de acercamento ao mundo laboral para persoas con enfermidade mental’ e a maiores firmou un acordo con FEAFES para que persoas con enfermidade mental realicen prácticas en SUPLUSA e no Museo Provincial

Lugo, 09 de setembro de 2015.- ADeputación de Lugo estase a implicar de xeito moi marcado na inserción laboralde persoas con discapacidade e dentro deste colectivo con aquelas que sofren unmaior estigma social como son as persoas con enfermidade mental. Así o reflictenos dous convenios de colaboración asinados con FEAFES (Federación deAsociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia).

No marco destes acordos, novepersoas con enfermidade mental están a realizar prácticas en entes dependentesda Deputación de Lugo, como son SUPLUSA e o Museo Provincial. A deputada deBenestar da Deputación, Mari Teijeiro, acompañada da responsable deFEAFES-Galicia en Lugo, Nuria Fernández, visitou esta mañá aos alumnos paracoñecer de primeira man os traballos que están a desenvolver.

Teijeiro resaltou a importanciadesta colaboración cunha actividade que ten por obxecto favorecer o acceso da cidadaníaao mercado laboral en igualdade de condicións, coa finalidade de garantir ainclusión social dos colectivos máis desfavorecidos como é o das persoas conenfermidade mental.

Conveniosde colaboración

En concreto, a deputada deBenestar lembra que, por unha banda, a presidenta da Deputación firmou unconvenio con FEAFES para financiar gastos da actividade denominada ‘Proxecto de acercamento ao mundo laboralpara persoas con enfermidade mental’. A maiores e dentro deste convenio,son dous os alumnos que están a facer prácticas no Museo Provincial.

Por outra banda e nesta mesmaliña de traballo, a Deputación de Lugo tamén aprobou un acordo de colaboraciónpara a realización de prácticas de persoas deste colectivo na SociedadeUrbanística Provincial de Lugo S.A. (Suplusa). Outros sete alumnos comezaron oluns a desenvolver traballos vinculados coa xardinería, os cales forman partedo colectivo que atende a Asociación Lucense de Enfermos Mentais (ALUME). Polotanto, en total son nove as persoas beneficiarias dos dous convenios.

Implicación co benestar

Por último, Teijeiro recordouque, dende o primeiro momento, a prioridade do novo goberno é o benestar. Asíquedou reflectido nos acordos adoptados nestes dous meses mediante aimplicación cos maiores e coas persoas dependentes a través dun maiorfinanciamento para servizos básicos como son a axuda no fogar e ateleasistencia domiciliaria. Asemade, a deputada insistiu en manter ocompromiso do novo goberno cos colectivos sociais, e que tivo como primeiro pasoo interese desta institución por coñecer as necesidades do terceiro sector naprovincia e estudar as diferentes vías de apoio ás entidades.