Deputación de Lugo

O PSOE RECOÑECE QUE O PROXECTO DO FOGAR DE SANTA MARÍA TEN INFORME DESFAVORABLE DO CONCELLO DE LUGO, NON CUMPRE A NORMATIVA URBANÍSTICA E DUPLICARÍA O CUSTE ANUNCIADO

Imaxe deputación de lugo
Á vista da moción
aprobada malia o voto en contra dos deputados populares, a presidenta, Elena
Candia, destacou que “a calidade do espazo de traballo dos funcionarios do
Servizo de Recadación é menos importante para os socialistas que criticar a
outras Administracións”·      Armesto criticou á
oposición que “o que piden é que este goberno provincial incumpra a  normativa”, logo de “esquecer durante oito
anos aos traballadores do Servizo de Recadación”

Lugo, 29 de setembro de 2015.- O voceiro do Goberno, CarlosArmesto, destaca que durante a sesión plenaria celebrada hoxe os socialistasrecoñeceron que o proxecto do Fogar de Santa María, -onde o PSOE propónreubicar aos traballadores do Servizo de Recadación-, ten informe desfavorabledo Concello de Lugo, non cumpre coa normativa urbanística e as actuaciónsnecesarias duplicarían o custe anunciado.

Á vista dos puntos reflectidos endita moción, que os populares rexeitaron na súa totalidade, a presidenta daDeputación de Lugo, Elena Candia, destacou que “a calidade do espazo detraballo dos funcionarios do Servizo de Recadación é menos importante para ossocialistas que criticar a outras Administracións”.

O Goberno provincial criticou ainsistencia do PSOE en seguir adiante cun proxecto incompleto, sen dotaciónorzamentaria suficiente e que resulta inviable por, entre outros motivos, afalta de espazo. Foi o voceiro popular, Carlos Armesto, quen criticou que ossocialistas pidan, co seu voto a favor “que este goberno provincial incumpra anormativa”, posto que resulta inviable ubicar o Servizo de Recadación no Fogarde Santa María ao existir un informe desfavorable emitido polo Concello deLugo, titular do edificio, en abril de 2015.

Este informe indicaba que oproxecto presentado polo organismo provincial en 2014 tiña deficiencias como afalta de xustificación ou cumprimento das normativas acústica e medioambiental,ao tempo que pedía que se completara o proxecto presentado un estudo deseguridade e saúde. Subsanadas estas deficiencias, o Concello volveu informarnegativamente o proxecto porque este seguía sen cumprir co código deedificacións, polo que aínda non concedeu a correspondente licenciaurbanística. Polo tanto, o proxecto dos socialistas “non conta co informefavorable do Concello; non cumpre a normativa vixente; podería causar danos aoedificio e o custe mínimo das obras podería duplicarse”.

Tendo en conta todos esteselementos, Armesto criticou que o anterior goberno provincial fora “conscientedende o primeiro momento da inviabilidade dese proxecto” e, en particular, ádeputada Pilar García Porto de que, ou ben “se está a rir dos lucenses oudescoñecía o que acontecía na área da que vostede era responsable”.

Por último, o voceiro concluíuque “o que está claro é que os socialistas non fixeron nada durante oitos anospara mellorar a situación na que se atopan os traballadores do Servizo de Recadacióne dos que se esqueceron durante oito anos” desoíndo a existencia dun informeprovincial de Traballo e Seguridade Social, que avalaba as condiciónsinadecuadas nas que continúan a prestar os seus servizos estes traballadores.