Deputación de Lugo

Presentadas as XIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

Imaxe deputación de lugo
O encontro terá lugar os días 12 e 13 de
novembro no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo

O salón de actos da Deputación Provincial de Lugoacolleu esta mañá a presentación das XIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leitede Seragro, na que participaron o presidente do ente provincial, Darío CamposConde; a presidenta de Seragro S. Coop. Galega, Noelia García Santoalla, e undos coordinadores do programa deste ano, Martín López López.

Ante a complicada situación do sector, condéficits estuturais como a base territorial ou o endebedamento, a temáticadesta edición está directamente relacionada co día a día das granxas de vacúnleiteiro, facendo especial fincapé en todo o referente á alimentación.

O programa de conferencias, que se engloba baixoo lema Nas nosas mans, dará comezo o vindeiro xoves coa charla do enxeñeiro agrónomoSébastien Ferran sobre os criterios a considerar para a correcta implantación,fertilización e mantemento de pradeiras.

O seguinte relatorio centrarase na xestión dosrecursos humanos da explotación. O veterinario do Servizo de Alimentación deSeragro, Víctor Manrique Arroyo, exporá os resultados dun traballo de campo noque se abordou a situación da man de obra das explotacións galegas co obxectivode mellorar as relacións laborais entre empregador e empregado como clave dofuturo da granxa.

A continuación, o auditorio da Facultade deVeterinaria volverá recibir, por segundo ano consecutivo, a Albert PorteLaborde, un dos maiores expertos a nivel mundial no cultivo de millo. O enxeñeirofrancés profundará, nesta ocasión, nas claves do cultivo de millo en Galicia,atendendo ás especificidades dos solos e do clima, así como ás pragas que máiso afectan.

O coordinador do Departamento Técnico de Conafe,José Antonio Jiménez Montero, iniciará a sesión vespertina dando a coñecer oscambios que experimentou o ICO español e valorará o emprego dos índices deselección na actual era xenómica.

A tarde do xoves está reservada á intervención detres gandeiras galegas que presentarán o día adía das súas explotacións para mostrar as múltiples realidades da gandería deleite en Galicia. Porén, tamén poñerán demanifesto como estas diferenzas conflúen, en cambio, na consecución deobxectivos comúns.

Programaciónpara o venres

O director xerente da Asociación Galega deFabricantes de Alimentos Compostos (Agafac), Bruno Beade, abrirá a segundaxornada cun relatorio sobre o sistema Galicia Alimentos Seguros (gmp.Galis),que aborda de forma sectorial o control das materias primas que se utilizanpara a alimentación animal.

Relevarao no estrado o enxeñeiro agrícola IvánÁlvarez Rajo, que achegará unha visión do mercado das materias primas paraalimentación animal. O relator profundará nosfactores que ocasionan a volatilidade dos prezos, tratando de orientar ogandeiro nas posibilidades para reducir custos nesta parcela.

A última charla da mañá correrá a cargo da médica e coordinadora do Grupo de Nutrición daSociedade de Endocrinoloxía, Nutrición e Diabetes da Comunidade de Madrid,Pilar Matía, a cal poñerá de manifesto os beneficios doconsumo de leite e os seus derivados, á vez que analizará as tendencias deconsumo en España e noutros países da contorna.

Pola tarde desenvolverase unha mesa redonda sobrea situación actual e as perspectivas de futuro do mercado lácteo. Nelaparticiparán o director xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministeriode Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Fernando Miranda; o directorxeral da Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil), Luis Calabozo; odirector xeral da Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos eSupermercados (Asedas), Ignacio G. Magarzo, e o profesor asociado doDepartamento de Economía Aplicada na Área de Economía, Socioloxía e PolíticaAgraria da USC, Jorge Antonio Santiso. O debate estará moderado por FranciscoSineiro, profesor titular do Departamento de Economía Aplicada na Área deEconomía, Socioloxía e Política Agraria da USC.

Na súa intervención, a presidenta de Seragro S.Coop. Galega, Noelia García Santoalla, fixo referencia ao “presente sen cotasmarcado pola volatilidade e o descenso dos prezos do leite”, situación pola caldecidiron enfocar os contidos das décimo terceiras Xornadas “a axudarlle aogandeiro a reducir os seus custos na súa explotación, ademais deproporcionarlle información útil para tomar decisións a longo prazo”.

O acto quedou clausurado coa intervención dopresidente da Deputación, Darío Campos Conde, que destacou que “o prezo do leite é o maior problema que hoxe ten osector, non só na provincia senón en todo o país” e apostou por que “asadministracións públicas, tanto a central como a autonómica, tomen medidas ecolaboren para relanzar este sector tan importante na economía na nosaprovincia”. Nesta liña, informou de que “a Deputación ten unha unidade de leitena granxa Gayoso Castro, na que se impulsará, en colaboración coa Facultade deVeterinaria da USC, un convenio para que os estudantes universitarios poidanfacer prácticas nun entorno privilexiado, que non se poderían facer en empresasprivadas”.