Deputación de Lugo

O PSOE E O BNG BLOQUEAN QUE A DEPUTACIÓN PRESTE DE XEITO GRATUÍTO AOS CONCELLOS O SERVIZO DE XESTIÓN DE RECADACIÓN

Imaxe deputación de lugo
O Goberno provincial presentou unha proposta no Pleno para que a
administración prestase o servizo de recadación aos concellos, sen que estes
teñan que ofrecer compensación económica algunha á entidade “Á
oposición non lle interesan os concellos, cometen un erro político
inmenso,  só se preocupan polos seus
intereses políticos e centrados só neles prefiren negarlles aos municipios
unha inxección económica de 1,9 millóns de euros”A
proposta dos populares, que redundaría en beneficio de todos os concellos
da provincia, “conta con todos os informes favorables dos servizos
responsables polo que é inexplicable o voto en contra de socialistas e nacionalistas”

Lugo, 29 de setembro de 2015.- O deputado responsable deEconomía, Recadación e Facenda, Demetrio Salgueiro, considera “inexplicable”que os grupos da oposición bloqueen que a Deputación de Lugo preste aosconcellos de xeito gratuíto o servizo de xestión de recadación.

O Goberno levou hoxe a Pleno unhaproposta para que a administración provincial prestase os servizos de recadación aos concellos, sen que estes teñenque ofrecer compensación económica algunha á entidade provincial. Esta propostados populares, que conta cos informes oportunos dos servizos correspondentes, suporíaunha inxección económica aos concellos de 1,9 millóns de euros. Esta iniciativa do Goberno da Deputación suporíaaconcellos como o de Ribadeo, por exemplo, un beneficio de 91.868,12 euros; a Vilalba,104.016,71 euros; a Sarria, 115.292,34 euros ou a Becerreá, 24.179,50 euros.

O voto en contra dos socialistase dos nacionalistas demostra, segundo Salgueiro, que “á oposición non lle interesan os concellos, cometen un erro políticoinmenso, só se preocupan polos seus intereses políticos e centrados só nelesprefiren negarlles aos municipios unha inxección económica de 1,9 millóns deeuros”.

Ataagora, os concellos compensaban polo exercicio destas funcións á Deputación co 3% dosxuros recadados en período voluntario e co 75% da recarga no período executivoprecedente.

Os socialistas e nacionalistasbloquearon tamén a constitución do Consello Provincial de Xestión Tributaria e Recadatoriae a aprobación inicial do seu regulamento.Trátase dun órgano que permitiría mellorar a colaboración entre Deputación eConcellos ao ter este consello unha función de asesoramento en materia detributación e recadación, que permitiría efectuar propostas, estudos ouinformes.

Polo tanto, o PSOE e o BNGdemostraron no Pleno de hoxe que “os concellos e as súas necesidades non sonunha prioridade para os dous grupos políticos, que prefiren antepoñer os seusintereses políticos a cooperar coas administracións locais”. Salgueiro lémbralles que a máxima daDeputación é “colaborar cos concellos, e non se esquezan deste deber, non podenpensar só en vostedes e nos seus intereses políticos”.