Deputación de Lugo

Aberto o prazo para as axudas de 400.000 euros da Deputación dirixidas ás asociacións culturais lucenses

- Hai un banner en www.deputacionlugo.gal con toda a información e documentación para concorrer asmesmas. O prazo é ata o 13 de setembro inclusive-  Son axudas deentre 300 ata 8.000 euros para programacións de música, baile, teatro... decarácter anual ou puntual- Primaranse as actividades para persoas concapacidades diferentes, mulleres ou cativos, entre outros. Os beneficiariospoderán solicitar un anticipo do 80% da axuda

Baremossociais

Como novidade,incluíronse por primeira vez criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarasefavorablemente os proxectos para actividades dirixidas á terceira idade, ápersoas con capacidades diferentes, á mulleres, cativos e á mocidade. Ademais,terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelasprogramacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente norural. Tamén se valorará o impacto e repercusión da actividade cultural entre asociedade ou o fomento da cooperación e traballo entre as distintas asociaciónsculturais.