Deputación de Lugo

Iniciados os tramites para o aparcadoiro da nova sede da UNED, que abrirá as portas no vindeiro curso

- García Porto informou que “Xunta aprobou unha modificación ao convenio coa UNED para incluir as obras do aparcadoiro e de axardinmento, dotadas 276.155,83 euros, incluidos dentro dos 2 millóns de euros contemplados en 2013” 
- Logo de quedar aprobada esta modificación no Concello de Lugo poderase comezar co proceso de contratación das obras que rematarán, previsiblemente, en setembro
- García Porto subliñou que “decidimos deixar caducar o recurso contra o nomeamento dos Vicepresidentes do Goberno de Candia xa que agora, dende o Goberno, podemos facer unha revisión de oficio, polo que aforraremos custes e tempo”

A nova sede da Universidade Nacional de Educación a Distancia estará competamente rematada, previsiblemente, no mes de setembro polo que, o vindeiro curso, a UNED poderá utilizar esta infraestrutura á que a Deputación de Lugo lle devolveu o uso público. Así o comunicou a vicevoceira socialista, Pilar García Porto, que informou que a  Xunta de Goberno aprobou unha modificación ao convenio de colaboración posto en marcha entre Deputación, Concello de Lugo, UNED e Consorcio Universitario do Centro Asociado da UNED, co fin de incluír obras de acondicionamento na parecela exterior, concretamente no aparcadoiro e na zona dos xardíns.

“Debemos realizar esta modificación para poder executar as obras do aparcadoiro, nas que se inclúen o acondicionamento da parcela; a licencia de primeira ocupación, a extensión da rede eléctrica, ou a instalación dos xardíns, entre outras. As obras están dotadas con 276.155,83 euros, xa contemplados na partida xeral dos 2 millóns de euros do ano 2013, polo que non supón incremento algún.”

Recurso caducado
García Porto informou tamén que “demos conta á Xunta de Goberno da caducidade do recurso presentado polo Grupo Provincial Socialista contra o nomeamento dos Vicepresidentes do Goberno durante a etapa de Candia”. A vicevoceiro subliñou que “deixámolo caducar de xeito consciente xa que, agora, dende o Goberno Provincial podemos facer unha revisión de oficio do caso dende o organismo provincial, polo que aforraremos custes e tempo”.

Máis emprego
A Xunta de Goberno resolveu a contratación dun desempregado lucense que vai empezar a traballar como perruqueiro na cidade de Lugo. Ademais, tamén aprobou dúas novas entidades beneficiarias do Ben Empregado, que solicitan un consultor en Redes Sociais para traballar en Lugo e un axudante de dependente para Lourenzá. Estes postos estarán dispoñibles na web nos vindeiros días.

O luns, publicaranse outros 3 postos novos na Bolsa de Emprego da Deputación. Son un comercial de seguros para traballar en Meira, un mecánico de vehículos para traballar en Riotorto; e un asesor de Medidas PdR para Monterroso. Os interesados nestes perfís poderán inscribirse a partires do vindeiro luns na páxina web www.deputacionlugo.gal. Coma sempre, o prazo máximo de inscrición é de 10 días.