Deputación de Lugo

A Deputación acondiciona vías de 8 Concellos por mor da neve

A Deputación actúa en estradas provinciais de 8 Concellos por mor do xeo. O organismo provincial despregou 54 operarios e 27 máquinas que traballan nas estradas dos seguintes Concellos, nas que hai acumulacións de neve de 5 centímetros e xeo e nas que se aplicaron toneladas de sal:

  • Folgoso do Courel: LU-P-1303 “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-4505 “De Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “De Cruz de Outeiro por Seara a Feramulín”.
  • Cervantes: LU-P-1401 “De LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “De San Román a Quindós”; LU-P-1405 “De Campa da Braña a Tres Obispos”; LU-P-1411 “De Vilanova al Portelo”; LU-P-1412 “De Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”.
  • Fonsagrada: LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz”
  • Navia de Suarna: LU-P-3501 “Paradela al Alto do Restelo”; LU-P-3502 “De Muñis a Rao”; LU-P-3508 “De Rao por Murias a Balouta”; LU-P- 3501 “Paradela al Alto do Restelo”
  • Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602 “Del Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.
  • Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “De Pedrafita al Portelo”; LU-P- 4503 “De San Pedro por Busnullán a Nullán”.
  • Quiroga: LU-P-5001 “De Ponte Barreiro a Vilarbacú”; LU-P-5004 “De Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial”.
  • Samos: LU-P-5603 “De Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo”; LU-P-5601 “De Samos ao Courel e Rampa Sta.Mariña”; LU-P-1306 “De Megoxe a Herrería do Incio”.

A Deputación recomenda o uso de cadeas no caso de vehículos pesados.