Deputación de Lugo

Ultimo día para participar nos concursos de receitas con produtos de Terras do Miño e Ancares Lucenses

Imaxe deputación de lugo
Están dirixidos a non profesionais, residentes nun dos 29 Concellos que integran ditos espazos naturais. Os premios oscilan entre os 50 e 500 euros. Máis información en www.deputacionlugo.gal

Mañá, 18 de novembro, é o último día para participar nos concursos de receitas con produtos das reservas da biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, incluídas dentro da programación de Receitas da Biosfera que puxo en marcha a Deputación de Lugo para pór en valor os produtos autóctonos destes espazos naturais.

Este evento está dirixido a non profesionais residentes dun dos 29 Concellos que integran ditos espazos naturais. Hai premios de entre 50 e ata 500 euros. Os dous mellores pratos formarán parte dunha publicación nacional.

Os concursos, un de Terras do Miño e outro dos Ancares Lucenses, contan con dúas categorías: tapa e menú. Neste último caso, deberanse achegarse 3 receitas: unha para o primeiro prato, outra para o segundo prato e a última para a sobremesa. Os interesados poderán presentarse a ambas as dúas categorías. Na puntuación, valorarase positivamente que as receitas estean vencelladas co patrimonio cultural e natural dos Concellos da Reservas. Por exemplo, a festas populares, labores do campo, eventos culturais...

Premios
Os premios na categoría de “menú” serán de 500 euros para o primeiro; de 300 euros para o segundo; e de 150 euros para o terceira. Na de “tapa” de 200 euros para o primeiro, de 100 euros para o segundo e de 50 euros para o terceiro. As dúas mellores receitas formarán parte do libro “Receitas da Biosfera”, que publica o Organismo Autónomo Parques Nacionais, destacando pratos con produtos de todos estes espazos naturais recoñecidos pola UNESCO que existen en España. Ademais, o conxunto de galardoados recibirán un diploma para acreditar a súa receita.

Prazo e solicitudes
O prazo para presentar as receitas remata mañá, 18 de novembro. As receitas deberán entregarse no Rexistro Provincial ou en calquera dos rexistros e oficinas ás que fai referencia o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. No caso de presentar a candidatura nun rexistro diferente ao da Deputación, deberá remitir un correo, indicando este feito, aos seguintes e-mails, segundo ao concurso que se presente: ancareslucenses@deputacionlugo.org ou terrasdomino@deputacionlugo.org.

Participantes dos Ancares Lucenses e Terras do Miño
Poden participar todas as persoas, que non sexan profesionais do sector e que sexan residentes dalgún dos Concellos das Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Terras do Miño: Cervantes, Navia de Suarna, Becerreá, Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade.