Deputación de Lugo

A Deputación celebra a festividade de Santa Rita

-O Presidente entregou unha pequena placa de recoñecemento aos 8 traballadores que se xubilan este ano
-A institución informa que con motivo de Santa Rita todos os seus centros dependentes, agás o Rexistro, estarán pechados este vindeiro luns, 23 de maio.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, entregou este venres unha pequena placa de recoñecemento aos 8 traballadores do ente provincial que se xubilan este ano.
Fíxoo con motivo da celebración da festividade de Santa Rita, patroa da Administración Local. A institución informa que con motivo de Santa Rita todos os seus centros dependentes, agás o Rexistro, estarán pechados este vindeiro luns, 23 de maio.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, agradeceu a todos os traballadores do ente provincial o esforzo e o compromiso que amosan cada día por sacar adiante o traballo da institución. “Para min sodes un verdadeiro exemplo de lealdade e compromiso. Síntome moi orgulloso de todos vós”.