Deputación de Lugo

O Goberno finanza 61alumeados públicos, 30 caldeiras da biomasa e 9 illamentos térmicos en 66 Concellos

- O Executivo Provincial aprobou na Xunta de Goberno as actuacións do seu Plan Enerxético, ao que se sumaron todos os municipios de menos de 20.000 habitantes, e que financia na súa totalidade a Deputación con 1,5 millóns de euros - O Goberno ingresará agora nas arcas municipais un 1.350.000 euros, que se corresponde co anticipo do 90% do plan que Campos decidiu ofrecerlles para contratar e executar estes traballos de mellora enerxética coa máxima axilidade - Os Concellos da Mariña reciben 350.000 euros da Deputación; os da Zona Centro 400.008 euros; os da Comarca de Sarria 151.248 euros; os da Ulloa 71.082 euros; os da Montaña 220.041 euros e os do Sur 155.498 euros (NO TEXTO DA NOTA APÚNTANSE AS ACTUACIÓNS QUE SOLICITOU CADA MUNICIPIO)  

O Executivo da Deputación aprobou este venres en Xunta de Goberno as actuacións do Plan de Aforro Enerxético do organismo provincial nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. Trátanse de 61 melloras en alumeados públicos, 30 instalacións de caldeiras da biomasa e 9 illamentos térmicos en instalacións públicas municipais de 66 municipios, pois todos se sumaron a esta iniciativa, totalmente gratuíta para as entidades locais, ao estar financiada na súa totalidade pola Deputación, tal e como decidiu o Presidente, Darío Campos Conde, cun total de 1,5 millóns de euros.

Aprobadas hoxe os traballos que cada Concello decidiu levar a cabo en base as súas necesidades unha que que foron trasladados durante as últimas semanas á Deputación; os municipios recibirán agora un anticipo do 90% do orzamento que lles corresponde para contratar e executar as obras, tal e como acordou Campos Conde. Polo tanto, o organismo provincial ingresará coa máxima axilidade nas arcas municipais 1.350.000 euros. O 10% restante concederáselles tras xustificar ao organismo provincial o remate das actuacións. 

O Goberno da Deputación decidiu distribuír os fondos totais de 1,5 millóns de euros deste plan entre os 66 Concellos en base a criterios totalmente obxectivos: superficie, densidade de poboación, núcleos poboacionais e esforzo fiscal. Isto supón que cada municipio reciba entre 16.000 e 46.000 euros.  

Con estes cartos, o Executivo Provincial ofreceu os Concellos financiar melloras na rede de alumeado para aforrar máis dun 20% na factura anual pola luz; instalacións de caldeiras ou estufas de biomasa, así como novas redes de calor, que permitan reducir os custos térmicos ata nun 40% ao ano; ou illamentos térmicos, que facilitan o 10% de aforro na factura anual da calefacción.

O Plan Enerxético da Deputación nos Concello é unha aposta persoal do Presidente, pois como Alcalde que tamén é coñece o importante esforzo económico que supón para os Concellos asumir os necesarios custos enerxéticos. Hai que ter en conta que, por exemplo, nun Concello de menos de 5.000 habitantes a media do gasto tan só polos custos da luz municipal é de 200.000 euros ao ano.

Actuacións nos Concellos da Mariña
Os Concellos da Mariña reciben 350.000 euros da Deputación para as seguintes melloras enerxéticas:
Abadín: 25.932,84 euros para melloras na rede de alumeado público para aforro e eficiencia enerxética.
Alfoz: 11.987,48 euros para instalar iluminación eficiente no núcleo de Gordival, na Parroquia de Bacoi, e 10.587,15 euros para mellora da envolvente térmica no Castelo de Castrodouro.
Barreiros: 19.216,42 euros para illamentos térmicos (fiestras), na Casa do Concello.
Burela: 15.858,21 euros para melloras na eficiencia enerxética da rede de alumeado público na Rúa A Veiga, Rúa Mondoñedo e Praza da Mariña.
Cervo: 19.216,42 euros para melloras e ampliación na rede de alumeado público da Avenida Veiga.
Foz: 19.216,42 euros para melloras na rede de alumeado público.
Lourenzá: 19.216,42 euros para melloras na rede de alumeado público.
Mondoñedo: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público
Muras: 24.813,43 euros para illamentos térmicos (fiestras), na Casa do Concello.
Ourol: 27.052,24 euros para reformar a cuberta no Centro Social de Miñotos.
A Pontenova: 18.097,02 euros para melloras na rede de alumeado público na Estrada Taramundi, acceso polígono industrial, e nas parroquias de Conforto, Goyos, Villaoudriz e Vilaboa.
Ribadeo: 23.694,03 euros para renovación na rede de alumeado público da Rúa Amador Fernández e outras.
Riotorto: 12.977,60 euros para melloras na rede de alumeado público e 4.000 euros para a renovación de fiestras no edificio de titularidade municipal situado na area recreativa Ferreiravella.
Trabada: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público na Ría de Abres.
Valadouro: 23.694,03 euros para melloras na rede de alumeado público.
Vicedo: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público na aldea de Randamil.
Viveiro: 31.529,85 euros para melloras na rede de alumeado público no barrio de Penjamo.
Xove: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público na Avenida da Deputación.

Actuacións nos Concellos do zona Centro
Os Concellos da zona Centro reciben 400.008,22 euros da Deputación para as seguintes melloras enerxéticas:
Begonte: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público no municipio e anexos.
Castro de Rei: 28.964,98 euros para melloras na rede de alumeado de viales públicos.
Castroverde: 21.455,22 euros para melloras na rede de alumeado público.
Corgo: 24.813,43 euros para melloras na rede de alumeado público no Campo de Fútbol Municipal do Corgo.
Cospeito: 27.052,24 euros para melloras na rede de alumeado público na Feira do Monte.
Friol: 32.649,25 euros para melloras na rede de alumeado público na Avenida de Lugo, Avenida de Begonte e no Cuartel da Guarda Civil.
Guitiriz: 32.649,25 euros para melloras na rede de alumeado público na Rúa Boa Veciña.
Guntín: 22.574,63 euros para melloras na rede de alumeado público.
Meira: 15.858,21 euros para melloras na rede de alumeado público na Louseira e no Piñeiro, da Parroquia de  Seixosmil.
Outeiro de Rei: 24.813,43 euros para melloras na rede de alumeado público na Rúa Soborvila.
Pastoriza: 24.813,43 euros para melloras na rede de alumeado público nas parroquias de Bretoña, Residencia e Riocabo.
Pol: 20.335,82 euros para a substitución da cuberta no Centro Sociocultural de Mosteiro.
Portomarín: 19.216,42 euros para melloras na rede de alumeado público.
Goxa.
Rábade: 13.619,40 euros para melloras na rede de alumeado público.
Vilalba: 44.962,69 euros para melloras na rede de alumeado público.
Xermade: 25.894 euros para melloras na rede de alumeado público.

Actuacións nos Concellos da comarca de Sarria
Os Concellos da comarca de Sarria reciben 151.248,29 euros da Deputación para as seguintes melloras enerxéticas:
Incio: 21.455,22 euros para lousado con illamento térmico no local social de Lebón e no local social de Erixalba.
Láncara: 22.574,63 euros para melloras na rede de alumeado público da praia.
Paradela: 21.455,22 euros para melloras na rede de alumeado público na Rúa Cabaleiros de Santago.
Páramo: 19.163,98 euros para melloras na rede de alumeado público.
Samos: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público no pobo de Aián e no pobo de Castroncán.
Sarria: 31.529,85 euros para melloras na rede de alumeado público.
Triacastela: 14.733,57 euros para melloras na rede de alumeado público na Praza da Deputación.

Actuacións nos Concellos da comarca da Ulloa
Os Concellos da comarca da Ulloa reciben 71.082,09 euros da Deputación para as seguintes melloras enerxéticas:
Antas de Ulla: 19.216,42 euros para melloras na rede de alumeado público na Rúa Xeral Portomeñe.
Monterroso: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público no Campo de Caracaho.
Palas de Rei: 31.529,85 euros para substitución de lámpadas existentes de SON-150W por LED de 50W.

Actuacións nos Concellos da Montaña
Os Concellos da Montaña reciben 220.041,18 euros da Deputación para as seguintes melloras enerxéticas:
Baleira: 5.082 euros para melloras na rede de alumeado público, 3.516,82 euros para a instalación dunha caldeira, e 11.737 euros para illamentos térmico (fiestras), no edificio de titularidade municipal situado na rúa da feira.
Baralla: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público no municipio.
Becerreá: 21.455,22 euros para melloras na eficiencia enerxética na rede de alumeado público na Avenida Navia e Rúa Eulogio Rosón.
Cervantes: 22.280 euros para instalación de iluminación eficiente no núcleo de Montecubeiro.
Folgoso do Courel: 16.977,61 euros para melloras na rede de alumeado público en Millares, Eiriz, Castro Romeor, Céramo e Carbedo.
Fonsagrada: 31.529,85 euros para a substitución da cuberta do Salón de actos do Concello.
Navia de Suarna: 20.335,82 euros para melloras na rede de alumeado público.
Negueira de Muñiz: 16.977,61 euros para melloras na rede de alumeado público de Vilarmior, Pieiga, Seira, Gamalleira, Sarceada, Santalla, Tallobre, Robledo, Villameca e Cancio.
Nogais: 16.977,61 euros para melloras na rede de alumeado público.
Pedrafita do Cebreiro: 16.977,61 euros para melloras na rede de alumeado público das aldeas do municipio.
Ribeira de Piquín: 15.858,21 euros para melloras na rede de alumeado público da Rúa Chao de Pousadoiro.

Actuacións nos Concellos da zona Sur
Os Concellos da zona Sur reciben 155.498,12 euros da Deputación para as seguintes melloras enerxéticas:
Bóveda: 16.977,61 euros para melloras na rede de alumeado público en Bóveda, na parroquia de Rubián e A Áspera.
Carballedo: 24.813,43 euros para melloras na rede de alumeado público na Barrela e no Furco.
Chantada: 2.468,40 euros para melloras na rede de alumeado público da Piscina Municipal e na Residencia de Día. 28.962,56 euros para a substitución dunha caldeira de gasoil por unha nova de biomasa no Centro de día do Concello.
Monforte de Lemos: 31.529,85 euros para melloras na rede de alumeado público.
Pantón: 25.932,84 euros para melloras na rede de alumeado público en Galegos e no pobo de Freixedo da Parroquia de Eiré.
Pobra do Brollón: 19.216,42 euros para melloras na rede de alumeado público Ferreirua e Pacios Veiga.
Quiroga: 22.574,63 euros para melloras na rede de alumeado público dos pobos de Seara, San Xulián de Abaixo, Carballo de Hospital e A
Ribas de Sil: 15.858,21 euros para a calefacción da antiga casa do Concello e Centro Médico.
Saviñao: 29.291,05 euros para melloras na rede de alumeado público na localidade de Escairón.
Sober: 25.932,84 euros para melloras na rede de alumeado público na Parroquia de Gundivós.
Taboada: 24.813,43 euros para melloras na rede de alumeado público.