Deputación de Lugo

A Deputación organiza o mércores a xornada “Zero Emissions”

Imaxe deputación de lugo
A xornada, que se celebra nun horario de 11:00 a 14:00 horas, está dirixida a técnicos dos Concellos lucenses, así como para o público en xeral

A Deputación de Lugo acollerá este mercores no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a xornada informativa para os Concellos, así como para público en xeral, “Zero Emissions”. A través desta iniciativa o organismo provincial impulsa medidas de xestión eficiente e eficaz dos recursos dispoñibles nos Concellos lucenses co fin aforrar cartos e reducir o consumo de enerxía. A entrada, completamente gratuíta, está limitada ao aforo do Salón de Actos do organismo provincial.

Ás 11:00 horas, será a inauguración oficial da xornada Zero Emissions, a cargo do Presidente da Deputación, Darío Campos Conde. De seguido, terá lugar a ponencia Experiencias de éxito en eficiencia enerxética pola Deputación de Lugo, no que participarán o Coordinador da Axencia provincial da Enerxía, Antonio Álvarez Cabana, e un dos membros do Grupo Operativo de Terras do Miño, Antón Tenreiro Ferreiro. Darán conta das iniciativas postas en marcha polo organismo provincial no eido da eficiencia.

Ás 11:45 horas, terá lugar a ponencia Mobilidade eléctrica ao alcande do Concello, que será a cargo dunha das responsables de Soportes para vehículos eléctricos de Renault, Cristina Vilá.
 
Ás 12:30 horas, será o turno de falar dos vehículos eléctricos coa conferencia Experiencias de solución de Recarga de Vehículo Eléctrico en entornos municipais, a cargo do Responsable de Novos Negocios de Simon, Alejandro Valdovinos. Ás 13:00 horas, terá lugar Alumeado solar autónomo, no que participará un dos membros do Departamento de Márketing de Simon, Robert Merchante.