Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación financia na Mariña con 391.000 euros 72 actuacións en impulso ao sector primario e ao rural

Imaxe deputación de lugo
- Fíxoo en núcleos rurais de 14 Concellos aos que pertencen os colectivos veciñais, beneficiados das axudas do plan de impulso ao rural e ao sector primario
- Estas 72 actuacións consistiron en: na recuperación de terras abandonadas, con 4 axudas; mellora de embarcacións de pesca de baixura, con 31 axudas; acondicionamento de viñedos, con 13 axudas; arranxo de accesos públicos, con 11 axudas; melloras en traídas de auga con 7 axudas e de centro sociais con 6 axudas

O Goberno da Deputación financiou na Mariña con 391.000 euros un total de 72 actuacións que favorecen a actividade agrogandeira e pesqueira, así como a vida en pequenas localidades. Fíxoo en núcleos rurais de 14 Concellos mariñáns aos que pertencen os colectivos veciñais, que resultaron beneficiados das axudas do plan de impulso ao rural e ao sector primario. Estes municipios son os de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

O número de actuacións (72) é o mesmo que o de axudas económicas concedidas a outras tantas asociacións de veciños da Mariña, que participaron no proceso público de concorrencia competitiva e aberto a toda á cidadanía, posto en marcha ao abeiro de dito plan. A finalidade destas subvencións foi a seguinte:

- Impulso ao sector agrogandeiro coa recuperación de terras abandonas. Concedéronse 4 axudas duns 20.477 euros para a recuperación de terras abandonadas, que agora están en produción. Esta é unha medida pioneira nunha administración galega, que puxo en marcha a Deputación de Lugo.

- Impulso ao sector pesqueiro contribuíndo á pesca de baixura. 31 axudas de case 89.500 euros para melloras en embarcacións de pesca de baixura e dotación de novo equipamento.  

- Impulso ao sector hortícola co acondicionamento ou dotación de invernadoiros. 13 axudas de 61.432 euros para o acondicionamento ou dotación de invernadoiros.

- Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa mellora accesos públicos. 11 axudas de 124.443 euros foron para o acondicionamento de accesos públicos a núcleos rurais cuxa principal actividade é o sector agrogandeiro, favorecendo, deste xeito, a actividade destes profesionais.

- Impulso ao sector agrogandeiro e ao rural coa dotación ou mellora de traídas de auga. 7 axudas de 60.200 euros para a dotación de novas traídas de auga ou mellora das existentes en núcleos rurais cuxa principal actividade é a agrogandeira.

- Impulso ao rural coa mellora de centros sociais. 6 axudas de 34.905 euros foron para obras de mellora ou dotación de equipamento a centros sociais de zonas rurais onde se levan a cabo actividades que dinamizan as pequenas localidades.

Distribución por Concellos
O Goberno da Deputación achegou á Mariña 390.952 euros, que representan preto do 20% dos fondos do seu plan de impulso ao rural e ao sector primario. Por Concellos, este orzamento distribúese do seguinte xeito: 

  • En Barreiros o Goberno da Deputación investiu un total de 25.814 euros en 4 axudas: 1 para o recuperación de terras abandonadas, con 3.535 euros; 2 para a creación de invernadoiros, con 10.300 euros; e 1 para a mellora de accesos públicos, con 11.979 euros.
  • En Burela o Goberno da Deputación investiu un total de 14.861 euros en 5 axudas, todas elas para a mellora de embarcacións de pesca de baixura, así como para dotalas de equipamento.
  • En Cervo o Goberno da Deputación investiu un total de 5.414 euros en 2 axudas, todas elas para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e dotalas de equipamento.
  • En Foz o Goberno da Deputación investiu 18.366 euros en 4 axudas: 3 para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e para dotalas de equipamento, con 8.966 euros; e 1 para melloras na rede de abastecemento de auga, con 9.400 euros.
  • En Lourenzá o Goberno da Deputación investiu un total de 51.460 euros en 9 axudas: 6 para melloras de invernadoiros, con 26.058 euros; 2 para melloras en accesos, con 19.292; 1 para traídas de auga con 6.110 euros.
  • En Mondoñedo o Goberno da Deputación investiu un total de 87.698 euros en 10 axudas: 1 para a recuperación de terras abandonadas, con 3.900 euros; 1 para a creación de invernadoiros, con 5.500 euros; 4 para melloras en accesos públicos, con 47.254; 2 para o arranxo de traídas de auga, con 17.325 euros; 1 para equipamentos en centros sociais, con 2.509 euros; e 1 para restauración de locais sociais, con de 11.208 euros.
  • En Ourol o Goberno da Deputación investiu 10.000 euros na mellora dunha  rede de abastecemento de auga.
  • Na Pontenova o Goberno da Deputación investiu un total de 32.463 euros en 4 axudas: 1 para a recuperación de terras abandonadas, con 1.075 euros; 2 para melloras en accesos públicos, con 23.999 euros; e 1 para o arranxo dunha traída de auga, con 7.388 euros.
  • En Ribadeo o Goberno da Deputación investiu un total de 34.624 euros en 6 axudas: 2 para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e dotación de equipamento, con 5.969 euros; 1 para melloras en accesos públicos, con 9.923 euros; 1 para traídas de auga, con 10.000 euros; 1 para dotación de equipamento nun centro social, con 2.041 euros; e 1 para obras de restauración nun local social, con 6.692 euros.
  • En Riotorto o Goberno da Deputación investiuun total de 29.464 euros en 3 axudas: 1 para a recuperación de terras abandonadas, con 11.967 euros; 1 para a creación dun invernadoiro, con 5.500 euros; e outra para melloras en accesos públicos, con 11.997 euros.
  • No Valadouro o Goberno da Deputación investiu un total de 17.655 euros en 3 axudas: 1 para a creación dun invernadoiro, con 5.200 euros; 1 para equipamento dun centro social, con 6.200 euros; e 1 para restauración dun local social, con 6.225 euros.
  • No Vicedo o Goberno da Deputación investiu un total de 13.325 euros en 4 axudas: 3 foron para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e para dotalas de equipamento, con 7.825 euros; e outra para a creación dun invernadoiro, con 5.500 euros.
  • En Viveiro o Goberno da Deputación investiu un total de 32.288 euros en 11 axudas: 10 para a mellora de embarcacións de pesca de baixura e para dotalas de equipamento, con 28.914 euros; e 1 para a creación dun invernadoiro, con  3.374 euros.
  • En Xove o Goberno da Deputación investiu un total de 17.520 euros en 6 axudas, todas elas dirixidas á mellora de embarcacións de pesca de baixura e para dotalas de equipamento.